A CRÓNICA : DEPOR 0-0 FERROL : “ENREDADOS”

 

 

Depor 0-0 Ferrol

O Depor non foi quen en todo o encontro de sacudirse de enriba a telaraña que montou o equipo ferrolán e veuse minimizado o máximo, sen ser quen de crear perigo nen polas bandas, nen por dentro. Foi o único que buscou gañar o partido, pero foi Parralo o que se levou o punto que quería, e para o que plantexou o encontro.

Na segunda metade foi inverosimil que o colexiado non pitase o clamoroso penalti por mans de Yeferson, que parou o balón coma se fose un porteiro, e evitando un gol, así como a sua actitude a hora de sacar cartóns.

Malas sensacións as que deixou o choque, que complica máis a loita pola primeira praza, habida conta de que o Santander conta cun encontro menos, e que nesta xornada ten un encontro, sobre o papel, doado.

Depor: Mackay, Trilli, Lapeña, Jaime, Héctor (Diego Aguirre, min. 70), Calavera (Noel, min. 80), Villares, Álvaro Rey (Mario Soriano, min 62), Juergen, William (Alberto Quiles, min. 70) e Miku.

Racing de Ferrol: Gazzaniga, Miguel Loureiro, Yeferson Quintana, Pumar (Alfonso Candelas, min. 60), Quique Fornos, Dani Nieto (David del Pozo, min. 60), Fran Manzanara, Álex López (Kevin Presa, min. 80), Heber, Íñigo Alayeto (Joselu, min. 80) e David Rodríguez (Nathan, min. 84).

Árbitro: Ruiz Álvarez (c. asturiano). Amoestou a Calavera (min. 20), Héctor (min. 26), Borja Jiménez (min. 26), Miku (min. 30), Fran Manzanara (min. 31), David del Pozo (min. 68), Yeferson Quintana (min. 77) e Gazzaniga (min. 82).

Incidencias: partido da 26ª xornada de Primeira RFEF Footters disputado ante 17.166 espectadores, 1.000 deles visitantes. Ambos os equipos saltaron ao campo portando unha pancarta en contra da guerra.

 

MANIFESTACIÓNS

 

 

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso. Pode obter máis información AQUI

ACEPTAR
Aviso de cookies