A CRÓNICA : DEPOR 0-0 CÓRDOBA : “O LIDER LÉVASE DEMASIADO PREMIO DE RIAZOR”.

Bo traballo defensivo branquiazul.

 

Dépor 0-0 Córdoba CF

Tiña pinta de encontro de campaniñas, pero non o foi tanto. Chegaba o lider, que leva máis dun ano sen perder como visitante e cuns números extraordinarios. A sete puntos dos nosos, sendo o equipo máis goleador da categoría, e un dos menos goleados, pero en Riazor, tivo a pólvora mollada, marcando un gol fora de xogo, na primeira metade, e un disparo a porta en toda a segunda, como caudal ofensivo.

Si dispuxo de boas ocasións o equipo branquiazul, e ata un tiro a madeira, tras un disparo de Soriano, que Calderón desviou o poste.

O primeiro cuarto de hora foi un monólogo do Deportivo. A partir dese momento os andaluces fóronse asentando sobre o terreo de xogo e equilibrando máis as forzas no partido.

No 28 Quiles recuperou no centro do campo e, en xogada persoal, plantouse na frontal da área pequena. A defensa interceptou o seu intento de remate para que finalizase Isi Gómez ao rostro do gardameta. Un minuto despois, o propio Quiles tivo unha ocasión idéntica ao gol de hai quince días ante a Cultural Leonesa, pero neste caso Carlos Marín pechou ben as pernas para evitar o gol cruzado chegando a liña de fondo.

A punto estivo de marcar o Dépor nunha gran xogada de Isi Gómez que abriu para Raúl Carnero. O centro do coruñés deixouno atrás de cabeza para a chegada de Mario Soriano que, tamén coa testa, a dous metros da liña de gol, rematou en prancha para a actuación salvadora de Carlos Marín.

Na segunda metade, Quiles disparou forte para facerse lucir o meta visitante, Marín. Até en tres ocasións máis o Dépor inquietou ao porteiro visitante, cun disparo de Mario Soriano mordido ao pegar nun defensa, outro de Zalazar desviado, e un de Quiles desde a frontal ás mans, de pé, de Marín. 

Pouco premio para os nosos, e moito para un Córdoba, máis defensivo ca nunca, no que vai de tempada. Falloulle o punto de mira os nosos, pero suman o segundo encontro consecutivo sen encaixar gol.

Depor: Mackay, Antoñito, Lapeña, Jaime, Raúl Carnero, Rubén Díez, Olabe (Villares, min. 81), Isi Gómez (Yeremay Hernéndez, min. 71), Quiles, Svensson (Zalazar, min. 81) e Mario Soriano.

Córdoba CF: Carlos Marín, José Ruiz, Calderón, Jorge, Gudelj, Simo (Fontes, min. 74), Kike Márquez (Willy Ledesma, min. 63), Antonio Casas (Das Cuevas, min. 63), Javi Flores (Álex Bernal, min. 83), Diarra e Carracedo (Carlos Puga, min. 83).

Árbitro: Velasco Arbaiza (c. Vasco). Amoestou a Svensson (min. 44), José Ruiz (min. 45), Antoñito (min. 50), Kike Márquez (min. 61), Javi Flores (min. 61). Expulsou por dobre amoestación ao segundo adestrador deportivista Elías Martí.

Incidencias: Partido da 14ª xornada de Primeira Federación disputado no Estadio ABANCA-RIAZOR ante 18.191 espectadores.

 

-Foto : RC Deportivo

-Texto : piratasdemuxia/RC Deportivo

-Vídeo : RFEF