A CRÓNICA : DEPOR 0-0 CD LUGO : “O DEPOR PÉRDESE NA ESPESURA”

 

DEPOR 0-0 CD LUGO

Derbi aburrido, sen fútbol e practicamente sen ocasións, cun Depor que adiantou a sua defensa e un Lugo que viveu cómodo na sua parcela, chegando a xogar en numerosas ocasións cos once na sua área e sen pasar apuros. Só Aketxe con duas faltas “marca da casa” na primeira metade e un diro cruzado puxo as ocasións do partido.Pola sua banda o equipo lucense un tiro as mans de Dani Giménez en todo o partido. Tivo o balón o equipo deportivista pero foi incapáz de zafarse da telaraña curtida polos nosos veciños. Punto que sabe a pouco no clasificatorio, pero co valor de acabar o encontro sen encaixar tras haber encaixado 5 nos dous derradeiros encontros.

Depor: Dani Giménez, Bóveda (Hugo Vallejo, min. 86), Mujaid, Peru Nolaskoain, Montero, Mollejo, Vicente Gómez (Beauvue, min. 82), Álex Bergantiños, Aketxe, Sabin Merino e Emre Çolak (Uche Agbo, min. 88).

CD Lugo: Ander Cantero, Campabadal, Peybernes, Marcelo Djaló (Pita, min. 77), Kravets, El Hacen, Jaume Grau, Seoane, Cristian Herrera (Iriome, min. 69), Carrillo e Yanis Rahmani (Hugo Rama, min. 87).

Árbitro: Arcediano Monescillo (c. castellano-manchego). Cartóns amarelos a Peybernes (min. 18) e o segundo adestrador do Lugo, Vicente Soto (min. 37).

 

 

Incidencias: partido da 30ª xornada da 2ª División Española de Fútbol disputado nol Estadio de Riazor ante 25.963 espectadores, un milleiro deles do CD Lugo. No comezo houbo un espectacular mosaico branquiazul orgañizado pola Federación de Peñas Deportivistas.

MANIFESTACIÓNS

 

 

 

 

 

ZONA MIXTA

 

-Foto, Vídeos e zona mixta : RC Deportivo

 -Texto : piratasdemuxia.es

++++

Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.

Tamén informar que trocamos de email : admin@piratasdemuxia.es

Contrata a tua publicidade connosco e chegarás cada día a milleiros de persoas.

Attachment

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso.

ACEPTAR
Aviso de cookies