A CRÓNICA : DEPOR 0-0 ALCORCÓN : “EMPATE CON MATICES”

 

Depor 0-0 Alcorcón

Sabe a pouco non polos méritos, senón que pola necesidade adquirida, pero víronse matices no encontro que recibíamos ao mellor visitante da competición, que segue sen saber o que é a derrota fora do seu estadio. Luis César dispuxo un 4-3-3 reforzando o medio do campo con dous homes de corte ofensivo, Álex Bergantiños, que estiveron ben no corte e a recuperación e sen perder balóns complicados, e uñ ofensivo, Vicente, que lembrou ao xogador que era a comezos da pasada tempada. Por detrás, Lampropoulos colleu a banda dereita da zaga e non amosou fisuras, e Somma a esquerda, dubidoso o primeiro para logo coller o tino e non amosar erros. Na banda dereita Mujaid fixo un gran encontro, en defensa e prodigandose ao ataque, ao igual ca Luis Ruíz, que fixo esquecer o seu desatroso papel na segunda xornada ante o Huesca. Defendeu ben e chegou o fondo mandando balóns o área. Por diante Koné desfondouse ata ser trocado, e tivo as duas mellores ocasións do encontro. Samuele Longo parella de ataque foi sen dúbida o peor dos deportivistas. A revolución de Luis César, vey máis polo troco de sistema, que fixo que por unha vez o Depor se parecese a un equipo e tal como él apuntaba na rolda de prensa, sae “esperanzado”. Non é tarde se a rección comeza con esta disposición por parte dos xogadores, que por unha vez sairon aplaudidos pola entrega e a loita. Co troco de sistema, non houbo espazos, nen perdas de balón perigosas. Cada xogador tiña sempre a un compañeiro desmarcado o que pasar e Dani Giménez, ben nas xogadas a balón parado, saido con criterio, non pasou ningún apuro.

 Depor: Dani Giménez; Mujaid, Lampropoulos, Somma, Luis Ruiz; Peru, Bergantiños, Vicente; Mollejo (Beto, min.84), Longo (Santos, min.59), Koné (Aketxe, min.73).

AD AlcorcónMiralles; Laure, David, Diéguez; Ernesto, Boateng, Dorca, Bellvis, Arribas (Romera, min.54); Harper (Sandaza, min.82), Stoichkov (Aguilera, min .71).

Árbitro: Pulido Santana, colxio canario:Amonestou a Vivente, Luis Ruiz e Peru do Depor a Dieguez do Alcorcón,

Incidencias: Estadio de Riazor, 13.957 espectadores. Partido correspondente a xornada 17 da Segunda División . Antes do pitido inicial  guardouse un minuto de silencio polo pasamento de Veloso.

 

ROLDAS DE PRENSA

 

 

 

 

-Foto portada: RC Deportivo

-Texto :Xosé Búa “Pirata”-piratasdemuxia.es

++++

Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.

Tamén informar que trocamos de email : admin@piratasdemuxia.es

Contrata a tua publicidade connosco e chegarás cada día a milleiros de persoas.