A CRÓNICA DA 4ª XORNADA DA 2ª RFEF G1 : “O BERGANTIÑOS CF IGUALALLE UN 0-2 AO PONTEVEDRA CF…NO RESTO UNHA VITORIA, 2 EMPATES E UNHA DERROTA”.

Intre do 2-2 no desconto, obra de Escobar.

 

Bergantiños CF 2-2 Pontevedra CF

Moi mal lle pintaban as cousas ao Bergantiños CF no derbi galego, cando tras unha primeira metade que acababa cos roscos do incio no marcador, adiantábase o equipo pontevedrés aos 57 minutos de xogo tras materializar Charles unha pena máxima. Peor se poñía o panorama cando a falla dun cuarto de hora para o final, Abelaneda facía o 0-2, pero non se enrugou o equipo de José Luis Lemos e queimaba as naves.

Foi Escobar o que acurtaba distanzas no 80, e él mesmo dáballe “plomo” ao equipo sureño co gol do empate no desconto, tras un pase medido de Remeseiro dende bandda esquerda e remate incontestable de testa, para salvar un punto e sumar a terceira igualada en catro chouqes.

Lemos decía tralo encontro que desta volta : “Con moitos riscos na última media hora fomos capaces de encerrar ao Pontevedra e ter a efectividade que nos faltou ata hoxe”.

Os outros equipos galegos

Unha vitoria, a do CD Arenteiro sobre o Salamanca UDS, (1-0), con gol de Víctor no 76, duas igualadas, a do SD Compostela, na sua visita ao filial do Leganés, (1-19; nun choque no que se adiantaban os “picholeiros” aos 9 minutos de xogo cun tanto de Primo, e que lles igualaba o equipo madrileño no 85, e a igualada sen goles do Coruxo CF, que recibía ao Real Avilés, (0-0). A única derrota chegaba por medio do Arosa SCD, ante a Gimnástica Segoviana, (2-0).

A Clasificación

Lidera o grupo o UD Adarve, con 10 puntos, dous máis ca SD Com postela, (2º) e os mesmos do UP Langreo, (3º). O Arosa ocupa a 7ª praza con 7 puntos, Arenteiro é 11º con 4, Pontevedra, 15, con 3 puntos, os mesmos que ten o Bergantiños, que é 17º.

Próxima xornada, (5ª)

Moi interesante se presenta a vindeira xornada na que os equipos galegos se enfrontan todos antre eles, ou sexa tripla de derbis :

SD Compostela-Bergantiños CF

Pontevedra CF-CD Arenteiro

Arosa SCD-Coruxo CF

-Foto : Captura vídeo TVG

-Texto : piratasdemuxia

Attachment

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso.

ACEPTAR
Aviso de cookies