Atlético Arteixo 4-0 Puebla CF
O Atlético Arteixo facíalle un roto ao Puebla CF, (4-0), nesta primeira tirada da Preferente Galicia Grupo Norte Subgrupo 1A. Os arteixáns deixaban finiquitado o encontro nunha excelente primeira metade na que se ían a vestiarios cunn claro 3-0 no marcador con goles de Iago Blanco, por partida dobre, o primeiro de penalti, (6´e 36´), e entremedias o gol de Naya, (13´). Ademáis os sureños quedaban cun menos a media hora de xogo por expulsión de Viturro. Xa na segunda metade Aitor facía o definitivo 4-0 pasada a hora de xogo, tras boa xogada colectiva dos arteixáns, deixando sen atisbos de reacción os do Barbanza, se é que os había.
Laracha CF 0-2 SD Fisterra
Un Fisterra moi serio adiantábase aos 25 minutos de xogo cun tanto de Alberto, resultado co que se ían aos vestiarios. Xa na segunda metade Aarón Lobelos facía o 2-0 no 73, para acbar controlando o xogo polo resultado.
CD Boiro 1-1 UD Paiosaco
Sobre a bocina salvou un punto o equipo de Peisaco, que perdía poe 1-0 dende o minuto 9, no que o boirés, Javier Domingo batía a Ramita. Sergio Ramón facía o 1-1 no descotno e dáballe un punto aos peisaqueses, que lles sabía a vitoria.
Outros resultados
Boimorto CF 2-1 SD O PIno
Sigüeiro CF 1-2 SD Dubra
Agrupación Estudiantil-Xallas FC
Encontro suspendido tal e como decían dende o ente federatvivo galego : “Decídese suspender o partido do día 26 de setembro de 2021, entre os clubs Agrupación Estudantil-Xallas F. C. correspondente á 1ª xornada do Grupo 1º Norte Subgrupo 1A de a Preferente Galicia ata que se determine a situación federativa do club Agrupación Estudantil. A presente resolución esgota a vía federativa”, segundo a resolución da Real Federación Galega de Fútbol, asinada ao 25 de setembro de 2021 por Rafael Alonso Martínez, presidente do Comité de Competición e Disciplina da entidade.
A Clasificación
Primeiro por golaveraxe po Atlético Arteixo, co SD Fisterra segundo e os memsos 3 puntos, xunto co Boimorto e Dubra, os 4 equipos que sumaron de 3. Cun punto Paiosaco e Boiro.
Próxima xornada, (2ª)
SD Fisterra-CD Boiro
Xallas FC-Laracha CF
SD O Pino-Agrupación Estudiantil, (03/09 ás 17:00 horas, se non se suspende)
SD Dubra-Boimorto CF, (03/09 ás 17:30 horas)
Puebla FC-Sigüeiro FC
UD Paiosaco-Atlético Arteixo, (03/09 ás 18:00 horas)
-Foto : Atlético Arteixo
-Texto : piratasdemuxia