A CRÓNICA : “CÓRDOBA 1-1 DEPOR : “EMPATE QUE SABE A DERROTA NUN MAL ENCONTRO CUNHA ARBITRAXE NEFASTA”.

Quiles tivo que deixar o campo o que beneficiou o Córdoba.

 

Córdoba 1-1 Depor

Comezou ben o Depor e foi o dominador do xogo nos primeiros 10 minutos de xogo, nos que Quiles mandaba un balón o longueiro. Non foi ata mediada a primeira metade e cando xa dominaba máis o Córdoba, cando Soriano sacou un bo pase en parábola por enriba da liña defensiva, para que Quiles de testa fixese o 0-1. Gran pase e gran gol.

O Córdoba foise facendo dono do encontro e das faltas, moitas e algunha máis que o colexiado Fernández Vidal non quixo ver, e algunha na que obviou ensinar algún cartón.

Na segunda metade as cousas seguiron igual, os cordobeses donos do balón pero sen rematar, ata que chegou unha falta, (inexistente), de Antoñito pegada a banda. Falta que foi colgada o borde do área pequena deportivista, Mackay sae en tronba de puños,, o balón rebota nas costas dun xogador e introdúcese na porta. O porteiro deportivista pideu airosamente falta sobre él. Pouco despois os locais tiveron a mellor ocasión do partido nunha contra na que chegaron con superioridade numérica, pero Mackay fixo unha boa parada.

Continuos paróns e faltas, ata que chegou a xogada que podía ser clave, contra con balón colgado a Quiles que se ía de cara a porta, o lateral Jiménez, do Córdoba, no seu intento de despexe dalle na faciana a Quiles, e este cae desplomado e envolto en sangre. Xogada na que o corodbesista debería ser expulsado por xogo perigoso, pero o colexiado só amosou cartón amarelo. Quiles tivo que sair do terreo de xogo e trasladado a un centro hospitalario. O xogador que sufreu 9 puntos de sutura na ferida aberta pola patada, tiña problemas de visión e conmoción cerebral.

Ata o final non se xogou a nada dende ese minuto 64, pero foi o Córdoba o que buscou o gol da vitoria con maior insistencia. Por parte deportivista tívoa Raúl Carnero, tras gran xogada de Antoñito con pase atrás, pero Carnero máis ca un tiro a porta, con todo para poder marcar, deulle un pase o porteiro.

 

Córdoba CF: Carlos Marín, José Ruiz, Alonso, Alberto, Ekaitz Jiménez (Calderón, min. 81), Carracedo, Javi Flores (Armando Shashoua, min. 81), Caballero, Kike Márquez (Simo, min. 64), Casas (De las Cuevas, min. 56) e Willy Ledesma (Juan Villar, min. 81).

Depor: Mackay, Antoñito, Jaime, Pablo Martínez, Raúl Carnero, Diego Villares, Isi Gómez (Olabe, min. 54), Quiles (Svensson, min. 67), Kuki Zalazar, Mario Soriano e Arturo (Rubén Díez, min. 67).

Goles: 0-1 Quiles (min. 26); 1-1 De las Cuevas (min. 59).

Árbitro: Fernández Vidal (c. valenciano). Cartón amarelo a Isi Gómez (min. 33), Kike Márquez (min. 40), Antoñito (min. 58), Ekaitz Jiménez (min. 64), Mario Soriano (min. 68), Alberto (min. 68) e o suplente deportivista Lapeña (min. 75).

Incidencias: partido da 34ª xornada do Grupo 1 de Primera Federación disputado no Estadio Nuevo Arcángel ante 12.453 espectadores, cunha boa representación de deportivistas. 

 

 

-Texto : Xosé Búa “Pirata”

-Foto : RC Deportivo

-Vídeo : RFEF