CF Rayo Majadahonda 1-2 Depor
Non puido comezar mellor para o Depor a volta a competición tralo parón pola folga do Extremadura. No primeiro minuto de xogo unha contra comezada por Alberto Quiles, e levada por banda dereita por Víctor García, acababa con centro deste, peinaba un defensor rival e Quiles no segundo pau golpeaba ante a saida do meta e un defensor, para facer o 0-1.
Marcou o Depor un ritmo alto e unha presión alta para recuperar balóns e chegar con moito perigo finalizando as xogadas, e a piques estivo de chegar o segundo pero sería en contra o gol que chegaría. Un tamto d e mala fortuna, pois Lapeña despegaba un envío colgado o área, o seu despexe batía na caluga de Jaime e colábaselle a Mackay o balón polo pau contrario a sua posición.
Non se enrrugaba o equipo deportivista a pesares do gol e buscaba con insistencia o segundo. Xogando o balón dende atrás e chegando coma un cuchillo por ambas bandas, Aguirre que foi titular en detrimento de Héctor Hernández e Víctor García, foron un pesadelo para a defensa local, con numerosas chegadas, centros e incursións polo costado do área.
Tanta imnsistencia e presión causou nervosismo nos locais, que probaron unha vez a Mackay, pero este estivo moi atinado nun forte disparo dende lonxe. Un erro nun envío atrás do local Néstor era aproveitado por Miku para fusilar a Champagne. Antes Doncel e Aguirre rozaron o gol.
Na segunda metade, fútbol contro do Depor levado en ándias polos 1.150 deportivista nas fradas, que fixeron do Cerro del Espino, un pequemo Riazor. Non pasou apuros o Depor e sufreu o xogo duro dos locais. Faltou o gol da tranquilidade, que ven puido chegar, pero non se movería o marcador.
O Detalle
Quiles foi a celebrar o gol a banda con Rsfs de Vicente que lle augurara que ía a marcar. Outro detalle foi a presenza de Simeone vrndo o encontro no Cerro del Espino.
CF Rayo Majadahonda: Nero, Jorge Casado, Bastos (Juanjo, min. 81), Álvaro Veiga (Osei, min. 81), Jesús Bernal, Raúl Sánchez, Mawi (Susaeta, min. 61), Mario, Borja González, Iturraspe (Rubén Sánchez, min. 46) e Néstor Albiach (Javi Gómez, min. 61)
Depor: Mackay, Víctor García, Lapeña, Jaime, Aguirre, Álex, Villares (Trigueros, min. 83), Juergen, Doncel (Mario Soriano, min. 73), Quiles (Menudo, min. 81) e Miku (Noel, min. 83)
Goles: 0-1 Quiles (min. 2); 1-1 Jaime -propia porta- (min. 15); 1-2 Miku (min. 34)
Árbitro: Romeu Freixas (c. Catalán). Amoestou a Mawi (min. 48), Raúl Sánchez (min. 51), Lapeña (min. 57), Miku (min. 60), Álvaro Veiga (min. 65), Aguirre (min. 77) e Rubén Sánchez (min. 90+3)
Incidencias: partido da 13ª xornada de Primeira RFEF Footters disputado no Cerro do Espino cuns 1.150 Deportivistas nas bancadas.
-Texto : piratasdemuxia
-Foto : RC Deportivo
-Vídeo : Footters