A CRÓNICA : CD TUDELANO 0-1 DEPOR : “MÁIS TRES”.

CD Tudelano 0-1 Depor

Como xa augurábamos na previa, ía ser o típico encontro que íamos a sofrir. Unha faceta que ven a amosar o noso equipo dende fai anos cada vez que xoga como visitante, e así foi.

A salvedade?…que xogaron moi solidarios e eles souberon sofrir para acadar os 3 puntos, algo moi a ter en conta, pois son un grupo que leva moi pouco tempo xunto e sonaron coma se levasen moito tempo xogando xuntos.

Temos que saber en que categoría estamos e que vai a haber moitos encontros coma este, tanto a noso favor, coma en contra. Hoxe tocou vitoria e outras veces seremos nós os que teñamos que remar contra o vento ante un equipo que saiba facer o seu traballo de contención.

O máis malo do encontro?.

Sen dúbida ningunha foi a malísima retrasmisión de Footters. Tanto no referente a imaxe como na narración. Verdadeiramente penoso, de seguro que hai xente que o faría mellor cun mobil.

CD Tudelano: Pellegrino, Delgado (Cabellud, min. 69), Molina, Aveldaño, Cedenilla (Vassilakis, min. 69), Álex Gualda, Alain Ribeiro, Yasin, Aitor González (Iván Elena, min. 61), Samanés e Rodrigo

Depor: Mackay, Alberto Benito (Granero, min. 74), Lapeña, Jaime (Trigueros, min. 52), Héctor, Álex, Villares, Juergen (De Vicente, min. 74), Quiles, William (Doncel, min. 61) e Miku (Victor García, min. 61)

Goles: 0-1 Lapeña (min. 7)

Árbitro: Palencia Caballero (c. Vasco). Amoestou a Aveldaño (min. 12), Jaime Sánchez (min. 21), Lapeña (min. 90) e Quiles (90+7)

Incidencias: Partido da 2ª xornada de Primeira RFEF Footters disputado no estadio “Ciudad de Tudela”, con gran representación Deportivista nas bancadas

-Foto : RC Deportivo

-Texto : piratasdemuxia