A CRÓNICA : CD NUMANCIA 1-0 DEPOR : “TRISTE PACHANGA”

 

CD Numancia 1-0 Depor

Verdadeiramente este encontro final de competición foi unha triste pachanga. Nen Ibrahim Ferrer coa sua melodiosa voz podería darlle ánimos a este encontro co seu “silencio”, nen as azucenas poden evitar saber as penas se ven o chorar que foi o choque. Un encontro máis cativo ca unha pachanga de verán, nen as mascarillas podían evitar ver o drama. Un Depor que non se xogaba máis ca estar a vindeira tempada na Copa do Rei, algo que non se notou e que Carlos Abad dilapidou, regalándolle aos sorianos un gol, que a eles non lles valeu de nada e que amosou porqué De la Barrera mandou o meta ó banquillo.

Moi triste ver como un equipo coma o Numancia que quedou 4º no seu grupo e 3º neste caia a 2ª RFEF, que ven sendo a 4ª do fútbol español. Inxusto e deprimente, imaxe da farsa na que se convirteu o fútbol estatal, no que todos se rasgan as vestiduras oir unha Super Liga e afogan o resti. Mstra evidente de que o fútbol é das casas de apostas, as televisións, de 4-5 equipos e Tebas, evidentemente.

-Foto : RC Deportivo

-Texto : piratasdemuxia