A CRÓNICA : CD LUGO 0-0 DEPOR : “MELLORAMOS MOITO EN DEFENSA E NON TEMOS NADA EN ATAQUE”

 

CD Lugo 0-0 Depor

Un encontro coma o de hoxe o ano pasado sacaríamolo adiante coa eficacia de Quique González ou Carlos Fernández. O Depor mellorou moito en defensa nos derradeiros 3 encontros, sumando un só gol en contra, pero arriba, nen Crístian Santos, (que non xogou), nen Samuele Longo aportan nada. Un pouco Koné, outro pouco Mollejo e Beto da Silva polo de agora unha incógnita.

O encontro puido caer de calquer lado, pero nin uns nen outros estiveron atinados nas que tiveron. Na segunda metade, demasiados paróns, moitas faltas, foras, corners, moitas interrupcións.

O CD Lugo tería que haber quedado cun menos, xa que Seoane fixo oposicións ao segundo cartón, pero está visto que só hai facilidade para deixar o Depor con 10.

Punto que sabe a moi pouco, pois agora fai falla sumar de 3 en 3. Incrible que teñamos tan preto tanto a saida dos postos de descenso coma a promoción, pero a Segunda é así. Igualdade, no bo, e no malo.

-Foto : RC Deportivo

-Texto : Xosé Búa “Pirata”/piratasdemuxia.es

++++

Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.

Tamén informar que trocamos de email: admin@piratasdemuxia.es

Contrata a tua publicidade connosco e chegarás cada día a milleiros de persoas.

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso. Pode obter máis información AQUI

ACEPTAR
Aviso de cookies