A CRÓNICA : CD GUIJUELO 0-0 DEPOR : “O MENOS MALO DUN ENCONTRO PÉSIMO…O RESULTADO “.

 

CD Guijuelo 0-0 Depor

O que lle queira buscar algo bo a este encontro ten que facerse mirar. O Depor tentou xogar durante 15 miutos iniciais, pero só iso, “tentouno”, pero sen acadalo, e o equipo salmantino meteulle gañas, só iso.

Partido do peoriño que puidemos presenciar os que seguimos o Depor. Ningún dos dous equipos foi quen de xuntar 30 segundos co balón nos pés. Perdidas constantes, patadóns, cortes contínuos no xogo, imprecisións a raudais. Todo un esperpento do que o mellor para ambos foi o resultado.

Fernando Vázquez comezou plantando un 4-4-2 no campo para a falla de 5 minutos no primeiro tempo dar entrada a Bergantiños por Beauvue, deixando só en punta a Miku e pasar así a un 5-4-1, que fixo que os locais na sgunda metade foran quen de pasar o medio do campo, ante un rival que os esperaba e que sacaba o balón o patadón.

O céspede artificial si que afectou e o balón parecía tolo, pero os que fallaron sempre foron os xogadores. Chegou máis o equipo local, pero sen ningún alarde e o Depor foi un esperpento, que nin chegou, nen deu nunca sentido ao xogo e só tirou con claridade un tiro a porta, nunha falta lateral que tirou Salva Ruiz.

Un punto máis e colíderes co Pontevedra que derrotaba por 2-0 ao Salamanca. O punto acadado é o único bo desta pérdida de tempo, sempre tendo en conta onde estamos, pero tamén que somos o Depor e hai que ofrecer moito máis.

CD Guijuelo: Sarkauskas, Parra, Jonathan, Josín, Kike Pina (Andrés González, min. 80), Carlos Rubén, Kamal (Deco, min. 75), Cristóbal Gil, Eizmendi (Abraham Pozo, min. 75), Zamorano e Pino (Lolo Pla, min. 87).

Depor: Abad, Bóveda, Mujaid, Granero, Salva, Keko, Uche, Borges, Galán (Lara, min. 83), Miku (Rui Costa, min. 65) e Claudio (Álex Bergantiños, min. 42).

Árbitro: Pérez Hernández (c. madrileño). Amoestou a Claudio (min. 28), Mujaid (min. 34), Kamal (min. 36), Keko (min. 58), Eizmendi (min. 70). Expulsou con vermella directa a Kike Pina (min.90+1).

 

Deportivistas no “Luis Ramos”.

 

Incidencias: partido da 5ª xornada do Grupo I Subgrupo A de a Segunda División B disputado no municipal Luis Ramos de Guijuelo antes 350 espectadores, 12 deles deportivistas das penas salmantinas Miróbriga e Meseta Branquiazul.

 

MANIFESTACIÓNS

Fernando Vázquez falou do descontento que hai polo xogo do equipo, que neste encontro ainda empeorou e dixo comprender o cabreo dos afeccionados e que : “Teño que poñer cura a unha situación que non está indo ben. E tamén ver a situación tal e como é. Non o poño como escusa, pero non é fácil xogar neste campo. Non é igual. E se non preguntádelle aos xogadores”.

 

Próximo encontro

Depor-Racing de Ferrol

-Domingo 29 de Novembro

-19:00 horas

-18:00 GMT

-Tv : TVG2-TVG Internacional

-Internet : Web Televisión de Galicia

CLASIFICACIÓNS

-Foto encontro : RC Deportivo

-Foto afeccionados : CD Guijuelo

-Texto : piratasdemuxia