A CRÓNICA : CD CALAHORRA 0-3 DEPOR : “SEN DESPEITEARSE”.

 

CD Calahorra 0-3 Depor

O Depor volveu a facer fora un encontro efectivo e supremo a hora de ser solidarios e loitar todos a un nivel superior que fixo que unha vez máis se levasen os 3 puntos.

Non houbo fisuras. Salvo un par de erros que solventou Mackay, o resto foi solventado polo resto do equipo taponando ben as saidas do contrario e chegando arriba con perigo.

Borja Jiménez deu a titularidade a Víctor García, Trigueros, De Vicente e Carlos Doncel, con respecto ao anterior encontro, e fixérono igual caos compañeiros que quedaron no banco e que foran titulares. Cun 4-4-2 claro o equipo pronto se puxo por diante coma nos anteriores encontros e fíxoo cun tanto de Quiles que levantou a grada na que estaba o deportivismo en masa. Co resultado a favor o Depor púxose a tocar e buscar que chegase outra oportunidade e chegaría cunha combinación antre Miku e Quiles, chegando este último dende a esquerda, apoiándose no andalúz para só ante o meta rival facer o 0-2. Antes do descanso puido aumentar a ventaxe Juergue, pero saeulle un disparo moi froxo dende a frontal.

Na segunda metade o Depor saeu a controlar o encontro e buscar unha xogada na que matar o choque. N0on pasou apuros, agás un disparo o longueiro do local, Ugarte. Chegada a hora de encontro, Borja Jiménez deu entrada a Soriano que debutaba e pouco despois a Villares. A falla de 8 minutos para o final, Jiménez deu entrada a Granero, Aguirre e Noel, os dous primeiros na sua primeira xogada montaron unha contra que Aguirre non soubo resolver, pero este último na seguinte fixo un extraordinario desborde e Noel que estaba onde ten que estar un ramatador, facía o terceiro, tras driblar o seu defensor e levantar o delirio da grada deportivista, xusto detrás da portería. Pode decirse que este chaval ten un karma positivo cada vez que salta o terreo de xogo, pois leva 2 goles en 14 minutos xogados.

CD Calahorra: Iricibar, Rodríguez (Imanol Barace, min. 86), Ugarte, Cristian Fernández, Zabaleta, Jesús Álvarez, Aguado, Madrazo (David Soto min. 57), Manuel Ramírez (Álex Arias, min. 57), Vicente (David Grande, min. 69) e Yurrebaso (Jorge Martínez, min. 57).                                

Depor : Mackay, Víctor García (Borja Granero, min. 82), Lapeña, Trigueros, Héctor, Álex, Rafa de Vicente, Juergen (Aguirre, min. 82), Doncel (Mario Soriano, min. 61), Quiles (Noel, min. 82) e Miku (Villares, min. 71)

Goles: 0-1 Quiles (min. 6); 0-2 Miku (min. 34); 0-3 Noel (min. 90+3)

Árbitro: Etayo Herrera (c. Vasco). Amoestou a Miku (min. 42), Lapeña (min. 79) e Noel (90+3)

Incidencias: Partido da 3ª xornada da Primeira RFEF, disputada no Estadio da Planilla con dous centos de Deportivistas nun dos fondos do estadio rioxano.

-Foto : RC Deportivo

-Texto : piratasdemuxia