A CRONICA : CD BADAJOZ 3-0 DEPOR : “BOCHORNOSO”.

 

CD Badajoz 3-0 Depor

Non hai outra palabra para definir o que foi o Depor en Badajoz máis ca “BOCHORNO”. O equipo foi unha caricatura, ante un rival ao que lle fixo falla moi pouco para adiantarse no marcador, como se lle dibuxasen os propios deportivistas o que tiñan que facer para chegar a porta defendida por Ian Mackay. Unha autopista por banda e un remate totalmente só de Santamaría, para abrir a primeira fenda.

Ninguén pensaba que fora a tónica do encontro cando Miku ao cuarto de horan estrelaba un balón no poste, pero iso foi todo.

O que máis e o que menos esperaba unha reacción na segunda metade, pero xa se auguraba auga e caeu dabondo, da do ceo e da do xogo deportivista, que veu como sen moito os locais facían o segundo, e a pesares de que xa no vestiario moveu ficha Borja Jiménez, trocando o plan inicial do partido, nada funcionou e para maior bochorno, acabou o encontro con media hora por diante tralo 2-0.

Para máis amargura chegaba un “Gol olímpico”, e a festa local, aos que lle chegaron os “Reis” en pleno Marzal.

CD Badajoz: Gonzalo, Dani Fernández, Pardo, Gorka Pérez, Gallego, Isi (Otegui, min. 77), Núñez, Clemente (Tahiru, min. 89), Zelu (David Concha, min. 62), Aquino (Adri Cuevas, min. 77) e Santamaría (Adilson, min. 89).

Depor: Mackay, Trilli, Lapeña, Jaime (Granero, min. 46), Aguirre, Calavera (William, min. 46), Villares, Juergen, Soriano (Doncel, min. 75), Noel e Miku (Quiles, min. 46).

Goles: 1-0 Gorka Santamarina (min. 6); 2-0 Gorka Santamarina (min. 47); 3-0 Aquino (min. 74).

Árbitro: Román Román (c. Castellano-Leonés). Amonestó a Pardo (min. 64), Otegui (mon. 77), Aguirre (min. 77), William (min. 85), Santamaría (min. 88), Juergen (min. 89), Núñez (min. 89) e Lapeña (min. 90+1).

Incidencias: partido da 27ª xornada de Primeira RFEF Footters coa presenza dun centenar de afeccionados branquiazuis nas bancadas

Funch Spors sumouse o bochorno

Con bombo e platillos anunciou a canle luxemburguesa, que daría de balde os encontros da 1ª RFEF, pero o de balde sae caro, pois foron moitos os deportivistas que non puideron ver o encontro o colgarse a web de Fuch Sports, e os que tiveron a sorte de ver que había a opción de YouTube, cunha calidade malísima.

-Foto : RC Deportivo

-texto : piratasdemuxia