A expulsión de Soriano, foi unha parte máis do mal encontro.
CD Badajóz 1-0 Depor
Que somos o pupas español non fai falla mirar moito, pois cando caemos, defraudamos, e amargamos, sabémolo facer da mellor maneira. No “Nuevo Vivero”, o Depor que xogou contra o Córdoba e que mereceu popr fútbol e por ocasións, non se presentou. Chegou outro equipo, outra versión de Cadena 100, cas mesmas pezas, pero sen nada do ofrecido anteriormente, foi un equipo sen ialma, sen personalidade.
A primeira metade parecía un encontro antre dous equipos que non se xogan nada e que só están a facer exercicio. A segunda o Depor desapareceu do campo, e coa expulsión, (minuto 66´), xusto pouco despois de tentar darlle brío o equipo cos cambios, pasamos de xogar 1 contra 11, a que eles eran 15, e nos 8.
Ben e certo que tan só foron quen de tirar dous tiros a porta en todo o encontro, un opau e o outro o do gol, pero tamén e ben certo que nós só tivemos un tiro a porta en todo o encontro, e foi mediada a primira metade, ca típica internada de Quiles dende a banda, perfilarse a perna esquerda, e tras dar nun defensor pasou lambendo o pau, pero foi o único disparo nos 97 minutos que se xogaron.
A aportación dos trocos foi nula, nen Trilli, nen Yeremay, Zalazar, Villares, nen Santamaría, aportaron nada. O equipo veuse atrás com0pletamente, e de tanto ir o cántaro a fonte, rompeuse, e para máis inri no minuto 96, cando aumentara 96.
Ademáis desta derrota dolorosa, sen aproveitar que o Alcorcón caía ante o Unionistas, outro colista, serán baixa ante o Ferrol, (Domingo ás 19:00 Horas-18:00 GMT), Olabe, o chegar os 5 cartóns, e Soriano, polo excesivo vermello que veu.
Decimos excesivo, xa que na única toma da nefasta Insports TV, non se aprecia nada como para vermello, ata podería pitar falta a favor nosa. Concretamente e rebobinando, vese como tódolos xogadores pacenses que están a carón da xogada, alzan o brazo pedimndo que a falta é a favor deles, e ningún, acosando o árbitro, como se tivese sido unha agresíon por xogo violento.
CD Badajoz: Kike Royo, Mariano Gómez, Carlos Cordero, Gianluca Mancuso (Javi Ros, min. 68), Borja García, Raúl Palma, Carlos Calderón (Zelu, min. 79), Jesús Alfaro, Adilson Mendes, David Soto (Acuña, min. 79) e Edu Sánchez (Francis Ferrón, min. 71).
Depor: Mackay, Antoñito (Trilli, min. 58), Lapeña, Martínez, Raúl Carnero, Rubén Díez, Olabe (Villares, min. 76), Isi Gómez (Yeremay Hernández, min 54), Quiles (Kuki Zalazar, min. 76), Svensson (Gorka Santamaría, min. 58) e Mario Soriano.
Goles: 1-0 Francis Ferrón (min. 90+6).
Árbitro: Muñoz Pedra (c. andaluz). Amoestou a Olabe (min. 22), Raúl Palma (min. 54), Rubén Díez (min. 82), Villares (min. 90+2). Expulsou con vermella directa a Mario Soriano no minuto 64.
Incidencias: Partido da 15ª xornada de Primera Federación disputado no Estadio Cívitas Nuevo Viveiro de Badaxoz, con presencia de varias peñas deportivistas, que foron visitadas o final do choque por gran parte dos xogadores, encabezados por Mackay.