A CRÓNICA : CASTILLA 1-0 DEPOR : “PASO ATRÁS NUN ENCONTRO MALO”.

 

Castilla 1-0 Depor

Eseprábamos ver algo diferente como visitantes, despois de tantos encontros nos que cada vez que xogamos fora o equipo minimízase enormemente.

Óscar Cano tan só fixo un troco con respecto ao encontro ante o Linares, Villares no eido de Bergantiños, pero repiteuse a fórmula do que vai de tempada. Primeira chegada do rival e gol. Non pasaron máis ca 8 minutos de xogo. O “esperado” central, neste caso Pablo Martínez, ven para a Coruña cun traxe que lle fixo o local Álvaro, que adiantaba aos seus. 

Buscou a igualada o Depor e tívoa, pero faltou tino de cara a gol. Soriano, Carnero e Svensson tiveron o empate, pero este non chegou. Tamén o equipo madridista tivo o segundo, cun “gol pantasma” que non subeu o marcador.

Na segunda metade comezou mellor o Depor, e Soriano volveu a ter unha moi clara que lle parou o meta madridista, Martínez, rematou mal un saque de curruncho, inmellorable para marcar, e chegou a xogada que marcou o resto do encontro. Lapeña era expulsado con vermello direto por derribar a 2 metros da liña do área ao local, Álvaro, nunha xogada que se podería solucionar cun cartón amarelo, ou ata confalta en contra, pois o atacante madrileño, impactáballe na faciana ao central deportivista co cóbado.

Con un menos o encontro volveuse máis favorable aos de Raúl González, e dispuxeron de duas ocasións moi claras, que desbaratou Mackay. Tamén tivo unha enorme ocasión Kuki Salazar, pero non se movería o marcador.

Real Madrid Castilla: De Luis, Tobias, Edgar, Rafa Marín, Pablo Ramón, Arribas (Iker Bravo, min. 79), Mario Martín, Dotor, Peter, Álvaro Rodríguez e Álvaro Martín (Javier Villar, min. 89).

Depor: Mackay, Antoñito, Lapeña, Martínez, Raúl Carnero, Olabe (Isi Gómez, min. 60), Diego Villares (Álex Bergantiños, min. 68), Rubén Díez, Quiles (Víctor Narro, min. 79), Svensson (Zalazar, min. 72) e Mario Soriano.

Gol: 1-0 Álvaro Martín (min. 9).

Árbitro: Cid Camacho (c. castelán-leonés). Expulsou con vermella directa a Lapeña (min. 65). Cartón amarelo a Olabe (min. 21). Diego Villares (min. 42) e Mario Martín (min. 55).

Incidencias: partido da 9ª xornada do Grupo 1 de Primera Federación disputado no Estadio Alfredo Di Stéfano da Ciudad Deportiva de Valdebebas ante uns 3.500 espectadores, con ampla presenza de afeccionados deportivistas.

 

-Foto : rcdeportivo.es

-Texto : piratasdemuxia.