A CRÓNICA : C.VIGO B 2-1 DEPOR : “DÍA PATÉTICO EN TÓDOLOS ASPECTOS”.

 

C.Vigo B 2-1 Depor

Día patético en tódolos aspectos. Derrota, victoria do Santander, arbitraxe nefasta, invasión do campo, carga policial…Non hai nada salvable deste encontro. Quizais o mellor foi o golazo da victoria local, por salvar algo, dun día vergoñento,no que nin uns souberon gañar, nen outros perder.

Mal arranque de partido dos deportivistas que viron como se lles adiantaban no marcador, cun centro limpo dende 30 metros, para deixar en bolas a unha defensa que fixo de espectadora njo 1-0. Repuxéronse e fixéronse donos do encontro, pero non foron quen de empatar antes do descanso, a pesares de un par de boas ocasións de Aguirre, que xogou no lateral dereirto, e unha de Quiles que lambeu o longyeiro.

Na segunda metade entrou aos poucos William e as primeiras de cambio foi obxeto dun claro penalti, no que o o xogador local, Carlos Domínguez debería ver cartón, e sería o segundo. Quiles transformou a pena máxima e 4 minutos despois sería inxustamente expulsado tras caer no área, nun posible penalti.

A raiz da expulsión todo trocou e de ser o Depor o que estaba a ser o dono do encontro e con visos de remontada, desapareceu e chegaría o gol local.

O do remate do encontro foi vergoñento. Gabi Veiga saltou o campo e foi a por Mackay, e tomouna con todo aquel deportivista que se lle puxo por diante, formando tanganas, e xaleando a grada, que saltou o campo, e tivo que cargar a policía para sacalos do campo. Todo un espectáculo deprimente.

Vigo B: Gaizka Campos, Castro, Álex Martín, Carlos Domínguez, Pampín (Medrano, min. 58), Alfon (Carlos Beitia, min. 64), Holsgrove, Carbonell, Gabri Veiga (Iker Losada, min. 69), Miguel (Javi Gómez, min. 64) e Fabrício (Lautaro, min. 69).

Depor: Mackay, Lapeña, Jaime, Borja Granero, Héctor Hernández, Diego Villares, Álex Bergantiños (Doncel, min. 89), Juergen Elitim, Aguirre (William, min. 59), Quiles e Mario Soriano ( Josep Calavera, min. 81).

Goles: 1-0 Fabrício (min. 13), 1-1 Quiles, de penalti (min. 68); 2-1 Javi Gómez (min. 87).

Árbitro: Antonio Alberola Rojas (c. castelán-manchego). Expulsou por dobre amarela a Quiles (min. 72) e con vermella directa ao porteiro suplente do Celta B Ruly (min. 74). Cartón amarelo a Carlos Domínguez (min. 25), Quiles (min. 25), Héctor Hernández (min. 33) e Álex Martín (min. 68).

Incidencias: partido correspondente á 29ª xornada do grupo 1 de Primera RFEF disputado no estadio ABANCA-Balaídos.

 

-Texto : piratasdemuxia

-Foto : RC Deportivo.