A CRÓNICA : C. VIGO “B” 0-3 DEPOR : “PERO SIGO SIENDO EL REY”.

 

C. Vigo “B” 0-3 Depor

Unha pedra no camiño ensinounos que o noso destiño era rodar e rodar…que máis da a categoría, este escudo, este clube, este equipo,  ten a afección, os socios, os títulos, a historia, e a supremacía na Galicia futbolística.

O vacile do mariachi as portas de Barreiro para recibir o Depor, valeu para que o recital pasase o terreo de xogo, e nen o típico borracho das vodas, berrado dende a banda e insultaron os xogadores, fixo que desentonasen unha nota. Repaso en tódlos aspectos do equipo branquiazul, que tivo en todo intre o control e fixo 3 goles e puideron ser moitos máis por ocasións craras e ademáis un penalti craro sobre Raí que o colexiado non quixo pitar.

Costoulle aos xogadores facer o que lle pedía o adestrador, pero a mellora está a ser importante nos derradeiros encontros e ante o filial do C. de Vigo, brilaron tacticamente. Xa nada máis sacar de centro Miku, (ao que os siareiros locais mandaban a liga de veteranos), tivo a primeira ocasión, nunha xogada a 3 toques. Bergantiños volveu a ser un baluarte, coma cada tempada cando tocan as duras. Brilante a actuación de Diego Villares, que estivo en todas partes e recuperou moitos balóns.

Miku volveu a ser aquel xogador que trunfou no Valencia e no Rayo Vallecano, e ainda que lle fallla velocidade, ocultouno cun bo posicionamento e arrastrando a defensa cando tocaba. Gran pase de Bergantiños antre liñas a Keko Gontán que lle fixo sobre a liña de fodo un “8” o defensa celtista, para levantar a cabeza e poñerlla de maneira extraordinaria a Miku que non tivo máis ca colocar a cabeza para empuxala o fundo das mallas no segundo pau.

O filial celeste so chegou a porta a balón parado e tivo unha boa ocasión tras un saque de curruncho cun disparo o pau. Xogouse cáseque toda a primeira metade en campo local. Puido chegar o segundo primeiro nas botas de Gontán, despois de Miku cun forte remate que desviou un central, e logo se o colexiado pitase un craro agarrón e derribo a Raí, pero ao fío do pitido final, un novo pase de Bergantiños antre liñas, chegáballe a Keko, que era derribado no área. Miku materializaba a pena máxima. Co 0-2 chegábase o descanso.

Após a continuación Keko tivo a primeira nun disparo desde a frontal que se estrelou na zaga. En área contraria o centro de Losada peiteado por Lautaro quedou a un palmo de que Solís rematáseo só a portería. De novo en área local Miku fixo voar a Álvaro ao rematar un centro de Bóveda que se ía a coar entre o porteiro e o traveseiro. De cabeza tamén a tivo Raí após asistencia de Miku. O brasileiro imprimiulle forza ao remate pero non atopou porta. Si o fixo Miku instantes despois cun balón similar ao que acababa de servir a Raí, pero nesta ocasión decidiu disparar. Após estrelarse no traveseiro, o balón foise para dentro e serviu para rubricar, cun hat-trick, o excelente partido do dianteiro venezolano desde o asubío inicial.

O filial celtista  tentou acurtar distanzas, e tivo unha boa xogada que pasou por diante da porta deportivista dende banda esquerda e non topou rematador. Controle deixar pasar os minutos para os deportivistas que non pasaron ningún apuro en defensa.

Mágoa a lesión de Héctor Hernández que tivo que deixar o encontro con molestias nunha coxa, e ao que lle farán durante este luns probas médicas, para ver o alcance da lesión.

Agora queda todo a expensas da derradeira xornada, que con moita lóxica, foi aprazada o 28 de Marzal, para que se xogue de maneira unificada e poidan xogarse os encontros que hai pendentes.

 

C. de Vigo “B”: Álvaro, Sergio Carrera, Lucas Cunha, Markel (Raúl Blanco, min. 82), Carlos Domínguez, Barri (Pampín, min. 46), Holsgrove, Solís (Gabri Veiga, min. 62), Bruninho (Iker Losada, min. 46), Manu Justo (Miguel Rodríguez, min. 82) e Lautaro.

Depor : Lucho, Eneko, Mujaid, Granero, Héctor (Salva Ruiz, min. 78), Villares, Álex, Uche, Keko (Lara, min. 78), Raí (Borja Galán, min. 74) e Miku (Claudio, min. 85).

Goles: 0-1 Miku (min. 25), 0-2 Miku -p- (min. 45+1), 0-3 Miku (min. 65)

Árbitro: Martín González-Francés (c. As Palmas). Amoestou a Solís (min 13) e Borja Galán (min. 85)

Incidencias: partido da 17ª xornada do grupo I, subgrupo a, de Segunda B disputada no campo municipal de Barreiro con aforamento reducido a 300 espectadores.

MANIFESTACIÓNS

 

Rubén de la Barrera

Manifestou ao finalizar o encontro en Barreiro que “se competiu moi ben. Estivemos moi ben na presión. Concedémoslles nada e menos á hora de progresar. Afortunadamente saíu. Enorme o esforzo dos xogadores e cando o resultado era maior non deixamos de facelo. A pesar de que co resultado pódeste relaxar non nos equivocamos. Polo golaverage esa diferenza de goles había que mantela e iso fíxose”.

O técnico deportivista alégrase do tres goles de Miku “porque non o estaba pasando ben. Non o estaba pasando ben porque de entrada non puido axudar ao equipo. Estivo sen poder gozar da súa profesión moitísimo tempo. Hoxe esa actuación, co feito dos goles, reforza ao equipo e especialmente a el. É un xogador que nos ten que dar moitísimo”.

Pide gozar do triunfo no día de hoxe pero “desde xa pensando en terminar da mellor maneira esta Primeira Fase en ABANCA-RIAZOR, que é gañando”.

Cualificou a actuación do Dépor esta mañá en Vigo como “brillante. Foi moi solidario, con moitísima atención e concentración porque aquí como te despistes, teñen xogadores novos con enerxía e calidade”.

Rubén de la Barrera sostén nesta liña que “os xogadores están concienciados, metidos. O que pretendemos é finalizar esta Primeira Fase coa mellor clasificación posible”.

Preguntado por Álex Bergantiños, apunta que “nos deu moitísimo en defensa e en ataque. Tamén subliñar a tranquilidade e a pausa que lle imprime ao xogo do equipo. Colectivamente seguramente foi o partido mellor xogado desde este punto de vista: ocupando ben os espazos, xestionando dunha maneira óptima os tempos e os ritmos do xogo. Estou moi contento e Álex é moi importante nese sentido”.

Así mesmo, advirte que “hoxe demos un pasito no sentido dunha mellor xestión da posesión da pelota. Non nos interesa pasárnola por pasárnola senón ir xerando cousas. Sabiamos que eles podían vir buscarnos arriba. A través diso atopamos solucións. Iso sucedeu. A calma e a tranquilidade na xestión da pelota, nese aspecto demos un pasito”.

Finalmente, asegura que “a día de hoxe non teño coñecemento” sobre a data do partido ante o Zamora CF en ABANCA-RIAZOR, pero subliña que “entendemos que imos competir a próxima fin de semana. E se antes de que iso suceda comunícasenos algo, axustaremos, sen máis”.

Non sería na súa opinión un contratempo se a xornada aprazásese finalmente: “Se xogamos a semana que vén estaremos preparados e se nos dan unha semana máis, dúas ou vinte e dúas prepararemos con moito máis tempo o partido ante o Zamora CF”.

 

 

Miku

O dianteiro deportivista subliña que hoxe o Dépor “xoga, xoga ben, gañamos un partido con merecemento. O fútbol ás veces quítache e ás veces dáche. Nós temos que manter a mesma capacidade de facer o que o adestrador quere e ao final na maioría dos casos a balanza decantarase do noso lado”.

Lembra as críticas “con razón” que houbo en torno ao xogo ofensivo do Deportivo esta temporada: “Nós non rehuimos esa responsabilidade. Eu falo coa xente de arriba con Claudio, con Adri Castro, con Rolan cando estaba… Ás veces no fútbol non se xeran situacións porque o equipo non as xeraba. Un ten que facer outras cousas polo ben do equipo, xogar de costas, apoiar, presionar… Outro tipo de fútbol que ás veces non é tan vistoso de cara ao espectador pero que o adestrador o esixe. Temos que facer iso e o gol ía chegar. É cuestión de tempo”.

Desvelou un comentario que fixo no vestiario esta semana pasada: “Xa lle fixen un gol ao Celta en Primeira, en Segunda tamén e teño que facerlle en Segunda B. Hoxe deuse a oportunidade de facer tres goles, mesmo algún máis”.

Quere Miku mandar unha mensaxe aos seus compañeiros: “Temos que confiar en nós, que somos bos xogadores de fútbol. Na temporada non xurdiron as cousas como todos quixésemos. Hai que ter fe e esa capacidade de seguir traballando o día a día porque as cousas nos van a chegar”.

Lembra que o seu último hat trick en partido oficial foi co Valencia na Europa League e sostén que agora, esquecidos os seus problemas físicos, “atópome ben, atópome cómodo, moi tranquilo na cidade. A miña familia está súper adaptada. Iso permíteme a min centrarme no traballo que é o día a día. O fútbol é un traballo diario, de moita capacidade de estar sempre nun mesmo plano, regular; e tentar axudar aos compañeiros”.

Chancea co que se pode vivir na última xornada: “O Dépor está abonado ao infarto constantemente. Menos mal que o doutor fai electrocardiogramas constantemente. Son circunstancias do fútbol. Tamén hai que ser sinceros e saber que se estamos nun momento así é porque as cousas durante todo o ano fixéronse non tan ben ou algo fixemos mal para que esteamos durante a xornada sumando, vivindo da esperanza. Imos ver que ocorre”.

 

-Foto e Vídeos : RC Deportivo

-Texto : piratasdemuxia