A CRÓNICA : “BERGANTIÑOS 0-1 SEVILLA FC : “O BERGAN FIXO ESQUECER A DIFERENZA DE CATEGORÍA”

Preto de 4.000 afeccionados aplaudiron o esforzo do Bergantiños CF.

 

Bergantiños CF 0-1 Sevilla FC

O Bergantiños lonxe de nadar e gardala roupa, foi un equipo atrevido ante todo un Sevilla FC. Ainda que os sevillistas enchufaro a primeira que tiveron ao cuarto de hora de encontro, foron os carballeses os que se amosaron como o que eran, o equipo local. Puido chegar o segundo para os sevillistas tralo gol, nun ntre de dúbidas sevillistas, pero repuxéronse e Agulló, e Granada puideron acadar o empate, e o Sevilla tamén dispuxo dunha inmellorable do autor do tanto, Koundé, pero Chrítofer estivo soberbio no man a man.

Na segunda metade apretou moito o equipo andalúz, que saeu ca idea de pechar o enocntro para non sufrir unha sorpresa. Foron moitas as ocasións dos de Sevilla, en especial unha que baixo paus un dos centrais carballeses saca o balón e vai a madeira. Borja Facal reaccionou e foi valente sacando o terreo de xogo a Duque, Yelco e Remeseiro, que devolveron a consistencia da primeira metade o “Bergan”, que comezou de novo a propoñer ante os sevillistas. Riazor con preto de 4.000 afeccionados encargouse de aumentar a moral dos carballeses que rondaron a igualada, en especial cun disparo de Cano no desconto que se foi lambendo a madeira.

O Bergantiños CF fixo esquecer que un era un equipo da Terceira División e outro da Primeira. Hai equipos na máxima categoría propoñen moito menos ante un Sevilla de nivel europeo.

Bergantiños CF : Cristopher, Toni, Iago López, Agulló, Aarón, Diego, Granada, Álex Dieguez, Cano, Marcos e Rubén Rivera. Tamén xogaron : Duque, Yelco e Remeseiro.

Sevilla FC : Bono, Sergi Gómez, Koundé, Pozo, Escudero, Gudelj, Jordán, Ocampos, Óliver Torres, Chicharito e Dabbur.

Goles : 0-1, Koundé, (15´)

 

-Foto : Bergantiños CF

-Texto : piratasdemuxia.es

++++

Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.

Tamén informar que trocamos de email: admin@piratasdemuxia.es

Contrata a tua publicidade connosco e chegarás cada día a milleiros de persoas.

Patrocinadores e Colaboradores

Attachment

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso.

ACEPTAR
Aviso de cookies