Villares volveu a ser decisivo cun gol e un gran encontro.
Barcelona B 1-2 Depor
Bo encontro dos deportivistas en especial na segunda metade na que unha vez máis puideron ter máis ca resolto o encontro antes do desconto, pero desta vz a sorte caeu do noso lado, tan esquiva toda a tempada, caendo sempre da banda do outro equipo, e na maioría dos encontros sen merecemento ningún.
A primeira metade foi moi igualada, con poucos espazos e presión alta por parte dos dous equipos, foi Villares o primeiro que probou sorte e puido adiantar os deportivistas, a resposta foi rápida e tamén puido adiantarse o equipo catalán, pero Parreño paroulla a Pau Víctor e o rexeite mandouno fora Garrido co meta no chan.
Pouco despois o Propio Pau Víctor batía o meta deportivista ao aporveitar un gran pase antre liñas e axusrtando o segundo pau en diagonal ante a saida do meta deportivista. Lucas buscaba a Yeremay que entrou de inicio pero veuse ainda moi baixo a hora dos regates marca da casa. Villares fallou na primeira pero non así na segunda na que buscaba cub dereitazo a escadra e facía un bo gol, obra de non se vir abaixo ante o gol local. Con todo eso tanto París Adot coma Yeremay rozaron o segundo para irse o descanso, pero non chegou.
A segunda metade dos deportivistas foi moi boa, en presión, roubos, pases, e ocasións de gol, pero estaba a pasar o de sempre, moitos fallos na definición e ata dous balóns a madeira, o de Lucas fixo tremer o marco. Nada máis comezar a segunda metade Davo desaproveitou un centro de José Ángel, pero os testarazos non son o seu. O propio José Angel dispuxo dunha boa cun disparo lonxano, e Villares con outro forte dereitazo, e unha a centímtros do área pequena que Villares a bocaxarro envía por enriba do longueiro tocando nél.
Todo ía coma na grande maioría dos encontros, seguíamos sendo o “paxaro uiui”, na grada poblada de deportivistas, que parecía un pequeno Riazor, cos cánticos ionsistentes dos niosos. Todo parecía un “dejavu”, un balón longo deles e o colexiado invéntase unha falta de Pablo Martínez, e amarelo, que acumula 5 cartóns e será baixa no proximo encontro. Na mente dos desportivistas estaba o de sempre, non chegaron a porta na segunda metade e van a enchufala, pero non foi así.
Balón longo de Parreño ata 3 cuartos do campo, da no lombo de Lucas o mal despexe dun xogador e o de Monelos de primeira ve a Davo na parte esqueda do ataque e ponlle un magnífico pase, que este dirixe ante a oposición dun rival e bate o meta catalán na sua desesperada saida para levantar o delirio na grada e no banco deportivista
Será este o partido que represente un punto de inflexión, por fin?, será o encontro no que troque a sorte de cara a porta?. Irémolo vendo en breve pois en 3 día temos encontro de copa ante Tenerife e encontro de liga ante o Sestao, ambos en Riazor.
Barcelona B: Marc Vidal, Héctor Fort (Joan Anaya, min. 84), Mbacke (Cubarsí, min. 63), Mikayil, Gerard Martín, Aleix Garrido, Marc Casadó, Moha, Cuéllar (Unai, min. 61), Pau Víctor e Alarcón (Percan, min. 84).
Depor: Germán, Paris Adot, Pablo Vázquez, Pablo Martínez, Balenziaga, Diego Villares, Jose Ángel, Salva Sevilla, Davo (Jaime, min. 90+5), Lucas e Yeremay (Mella, min. 70).
Goles: 1-0 Pau Víctor (min. 18); 1-1 Diego Villares (min. 30); 1-2 Davo (min. 90+3).
Árbitro: Luis Bestard Servera (c. balear). Cartón amarelo ao segundo técnico deportivista Mario Gibanel (min. 36), Diego Villares (min. 55), Yeremay (min. 60), Salva Sevilla (min. 77), Aleix Garrido (min. 77), Pau Víctor (min. 88), Pablo Martínez (min. 90+1) e Marc Casadó (min. 90+5).
Incidencias: Partido correspondente á 15ª xornada do Grupo 1 de Primera Federación no Estadi Johan Cruyff, con arredor de 500 deportivistas nas gradas de peñas galegas, de varios lugares de España e catalanas.
-Foto : RC Deportivo
-Vídeo . RFEF
-Texto : Xosé Búa “Pirata”