A CRÓNICA : ALMERÍA 4-0 DEPOR : “TODO MAL DENDE O PRINCIPIO”.

 

Almería 4-0 Depor

Todo foi malo para o Depor dende o principio nun encontro no que ao favor tivo que nunca lle perdeu a cara o encontro e non deixou de tentalo ata o pitido final a pesares das adversidades. Aos 7 minutos Eneko Bóveda lesionábase posiblemente de gravidade no xeonllo ao defender un balón en liña de fondo para que se fose fora. Aos 12 minutos un mal centro dende a banda tenta controlalo Darwin Núñez de maneira defectuosa, dalle no calcáño a Montero e quédalle franco a Darwin en pico de área pequena para fusilar a Dani Giménez. Aos 29 minutos unha ogada por banda mal defendida dalle a opción a Balliu que fai o 2-0 coma se se tratase dun penalti escorado. Sen facer nada do outro mundo e co Depor tendo o balón o Almería metíase con 2-0.

A saida no segundo tempo dos almerienses foi explosiva e facían o 3-0 tras unha boa ocasión de Mollejo na contra. Tivo o balón o equipo branquiazul pero cada vez que eles chegaban daban sensación de gol e tras duas ocasións moi craras deportivistas, unha de Koné o longueiro que bate por diante da liña de gol e outra de Aketxe a centro de Koné que non culmina con todo a favor, o balón recuperado polos almerienses vai a campo deportivista e Fran Villalba en boca de gol culmina un “pase da morte”.

Nada saeu ben e só toca pensar no vindeiro sábado ante o Sporting de Xixón, (21:00 horas 19:00 GMT), para tentar sair de novo do descenso direto con 35 puntos os mesmos ca Albecete, (cun encontro menos), Oviedo, 1 punto menos ca Tenerife…Ata a 10ª praza só hai 4 puntos de diferenza, a espera de que algúns xoguen hoxe.

 

Depor : Dani Giménez, Bóveda (Hugo Vallejo, min. 7), Mujaid, Peru Nolaskoain, Montero, Mollejo, Gaku Shibasaki, Uche Agbo, Aketxe, Sabin Merino (Beauvue, min. 46) e Emre Çolak (Koné, min. 68).

UD Almería: Fernando, Balliu, David Costas, Maraš, Martos, De la Hoz, Vada (Aguza, min. 65), Corpas, Juan Muñoz (Appiah, min. 73), Fran Villalba (Enzo Zidane, min. 80) e Darwin Núñez.

Goles: 1-0 Darwin Núñez (min. 12); 2-0 Balliu (min. 29); 3-0 Juan Muñoz (min. 53); 4-0 Darwin Núñez (min. 90).

Árbitro: Trujillo Suárez (c. tinerfeño). Cartón amarelo a Peru Nolaskoain (min. 45+1), Mollejo (min. 63) e Fran Villalba (min. 78).

Incidencias: Partido da 31ª xornada da 2ª División Española de Fútbol disputado no Estadio de los “Juegos Mediterráneos” ante 9.116 espectadores, arredor de 150 deportivistas de 6 peñas. Lesionouse Eneko Bóveda nunha xogada sen maior importancia ao quedarlle clavado o xeonllo. Víctor Mollejo recibeu o quinto cartón amarelo polo que se perderá o encontro do vindeiro sábado ante o Sporting de Xixón.

MANIFESTACIÓNS

 

ZONA MIXTA

Hugo Vallejo e Víctor Mollejo pasáronse pola zona mixta do Estadio Xogos Mediterráneos.

Hugo manifestou que “non estamos afundidos pero dóenos traballar tanto para irnos así”.

Recoñece que “as que tivemos non as metemos. Un día duro hoxe”. Iso si, resalta que “o equipo está unido e imos seguir traballando. Temos que estar a pensar no seguinte”.

Cre que o equipo cometeu “fallos que hai que mellorar”. “Irnos así nos doe a todos”, engade.

Hugo Vallejo reitera que “hai que pensar xa no seguinte partido porque isto xa pasou. Toca adestrar, mellorar e seguir crecendo”.

Pola súa banda, Víctor Mollejo apunta que “hoxe o Dépor foi moi inferior. Desde o primeiro momento fomos excedidos. Non fomos fortes atrás. Ímonos doídos porque foi unha derrota moi dura. Non se viu o que o equipo é, o que o míster quere do equipo”.

Pide agora ter “a mente fría, estar tranquilos e pensar na seguinte xornada”.

Para o atacante deportivista, “estamos aí porque fixemos unha primeira volta que non foi boa. Agora, a pesar de estar nunha boa dinámica veste en zona de descenso. O equipo sempre foi realista, sempre pensou que é unha posibilidade. Toca virnos arriba e tentar saír de aí todos xuntos”.

Do mesmo xeito que Hugo Vallejo, ten en mente xa o partido ante o Sporting de Gijón en ABANCA-RIAZOR: “Temos en mente as cousas que fallamos para mellorar. O partido do Sporting é crucial para nós. Esperemos que a xente nos apoie, nos axude. Oxalá podamos gañar ese partido”.

Á afección, Mollejo quixo “pedir desculpas porque hoxe o equipo non tivo a identidade que tivo noutros partidos. Perdón polo día de hoxe. Esperámolos a seguinte fin de semana porque imos tentar mellorar e esperámolos porque son un alicerce fundamental”.

Opina que o sistema de Fernando Vázquez “deunos moitas cousas. A pesar dos malos resultados, todo o que faga o míster ten credibilidade, tanto desde fóra como desde dentro. O que diga o míster vai a misa e iremos a morte con el”.

Márchase amolado por ver a 5ª amarela e recalca que “me estou esforzando moito en mellorar, en axudarlles (aos árbitros), en todo. E á mínima que faga sácanme cartón amarelo. Non creo que me estea servindo de moito. Pero é fútbol”.

-Foto, Vídeo e zona mixta : RC Deportivo

 -Texto : piratasdemuxia.es

++++

Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.

Tamén informar que trocamos de email : admin@piratasdemuxia.es

Contrata a tua publicidade connosco e chegarás cada día a milleiros de persoas.