A CRÓNICA : ALGECIRAS CF 1-2 DEPOR : “VITORIA NUN MAL ENCONTRO CUNHA ARBITRAXE ESPANTOSA”.

Soriano celebarndo como “Joker” o seu gol.

 

Algeciras CF 1-2 Depor

Nunha primeira metade con moito ritmo o Depor comezou de maneira inmellorable, xa que primeiro tras un envío de Quiles, puido adiantar aos nosos ós 11 minutos de xogo, fíxoo 3 minutos despois a magnífico envío de Antoñito, pero respondeu pronto o Alxeciras, que conseguía o empate, tras unha cabalgada dende preto do medio do campo, escorado a zona de banquillos, Elejalde, íase de todo canto se lle poñía por diante, e mandaba o pau, o rexeite chegáballe a Roni, que cedía a Trujillo e este enviaba o fondo das mallas, pegado o pau que antes repelera o balón, a pesares da gran estirada de Mackay.

Tralo empate comezou o espantoso espectáculo do colexiado madrileño, Pérez Hernández, que oomitíu un clamoroso penalti do local, Pepe Mena, que da tremenda patada a Mario Soriano, no pico do área pequena, manda o xogador deportivista polo aire. Podía ser o 1-2, pero o penalti íase o limbo, e chegaríase o descanso coa igualada no marcador.

Xa na segunda metade o Depor perdeu o balón e foi o equipo alxecireño o que mandou no encontro, e puido poñerse por diante, tamén puido quedar cun menos, nunha tremenda agresión a Olabe, que puido ter moi malas consecuencias, pero que o colexiado deixou en falta. Outro grave erro do colexiado madrileño. Ademáis Pepe Mena vía un cartón que podería ser o segundo, de haber pitado o penalti da primeira metade.

O gol da vitoria chegaría con sorte, pois Soriano, tras internada de Víctor Narro, que entrara por Olabe, recibía de Rubén Díez, e disparaba a porta, ou tentaba centrar a Zalazar, que entrara por Quiles, pero o seu disparo tocaba no pé de Van Tijn, e colábase na porta local axustado o pau. Cuarto gol na tempada do “Joker” deportivista.

A partires do gol, controlou ben o Depor, pero errou na terceira xogada polémica do encontro, pois permiteu unha entrada por banda esqueda deportivista, con centro limpo, e remate a gol de Unai Veiga, (95´), que o liña anulou, e o colexiado, unha vez máis, ou non veu, ou non quixo ver.

Uns minutos antes, Ian Mackay pideu o troco, (89´), afectado por problemas no seu hombreiro dereito, e ocupou o seu posto Edu Sousa.

Segundo trunfo consecutivo por primeira vez na tempada, e agora descanso en liga pola Copa do Rei, na que o Depor visita o Guijuelo o vindeiro sábado a partires das 17:00 horas, (16:GMT).

Algeciras CF: Flere, Albarrán, Jordi Figueras, Van Rijn, Tomás, Iván Turrillo, Pepe Mena (Unai Veiga, min. 85), Ferni (Mizzian, min. 77), Iñaki Elejalde (Juan Serrano, min. 85), Siddiki (David Martín, min. 71) e Roni.

Depor: Mackay (Edu Sousa, min. 89), Antoñito, Lapeña, Martínez, Raúl Carnero, Rubén Díez, Diego Villares, Olabe (Víctor Narro, min. 63), Quiles (Kuki Zalazar, min. 79), Svensson (Santamaría, min. 79) e Mario Soriano (Jaime, min, 89).

Goles: 0-1 Svensson (min. 14); 1-1 Iván Turrillo (min. 31); 1-2 Mario Soriano (min. 82).

Árbitro: Pérez Hernández (c. madrileño). Cartón amarelo ao adestrador deportivista Óscar Cano (min. 37), Pepe Mena (min. 61), Pablo Martínez (min. 77) e David Martín (min. 78).

Incidencias: Partido da 11ª xornada do Grupo 1 de Primera Federación disputado no Estadio Municipal Nuevo Mirador ante 5.187 espectadores, antre eles unha nutrida asistencia de deportivistas, chegados dende Galicia, Madrid e Andalucía, principalmente.

 

-Foto : RC Deportivo

-Texto : piratasdemuxia

-Vídeo : RFEF