A CRÓNICA : ALCORCÓN 3-1 DEPOR : “EXCESIVO, NUN CHOQUE NO QUE A EXPULSIÓN DE MACKAY FOI CLAVE, ASÍ COMA UN PENALTI INOCENTE NO 95”.

Lucas marcou o seu terceiro gol en 2 encontros.

 

Alcorcón 3-1 Depor

Primeira metade de gran nivel para esta categoría, na que aos poucos os madrileños tiñan unha ocasión inmellorable, tras un erro en banda dereita, pero o dianteiro local cruzaba en demasía o balón, pasando lambendo o poste añonxado. Único erro dos deportivistas ata o gol dos “alcornoques” no 38. Tivo a sua o equipo deportivista nas botas de Viillares, nunha das suas cabalgadas plantouse lateralemente ante o porteiro, pero este sacaba unha gran man ao seu disparo.

Presión moi alta deportivistas, e presión e balóns longos dos locais, ata que un novo erro na banda de Villares, balón filtrado o medio do área, caido a dereita, e control orientado de Pablo García, e bo gol. Pouco despois no descontrol do gol, puideron marcar de novo, pero Mackay a bocaxarro e Martínez o desviar un balón no rexeite o borde do área pequena, evitaron o 2-0.

Saeu mellor o Depor co Alcorcón na segunda metade. Os deportivistas buscando o empate e os madrileños buscando as contras. Un choque que vario moito do que fora a primeira metade, cos dous equipos moi ben plantados no terreo de xogo e moito ritmo. Non chegou o empate, pero sí a expulsión de Mackay. Un balón colgado a espalda da defensa deportivista, sae Mackay, tentan facerlle un sombreiro, e nun acto refrexo toca ca man fora do área. Minuto 63 e a xogar cun menos. Entra Sousa por Soriano, e en troques de ser que os madrileños abasallaran, foron de máis a menos, e así foi que nunha falta nun arranque de ruptura de Lucas, falta o borde do área,(que tiña que ser expulsado Babin), e na falta o dianteiro deportivista marca por toda a escadra.

Perdeu a compostura o equipo local co gol, e Lucas nunha internada por banda puido facer o 1-2, pero tapaba ben o porteiro no primeiro pau. Tamén tivo que sacar Sousa as lubas a relucir nun par de tiros a porta dos “alcornoques”, nunha delas no rexeite fallan un gol dos que é máis difícil metela fora. Pero o Alcorcón a pesares de remozar o ataque, estaba descolocado e o Depor chegando con moito perigo. O encontro volveuse de ida e volta.

Seis minuto de desconto e todo podía pasar, pero no 95, penalti innecesario de Lapeña, e acabouse todo, 3-1, excesivo, pero que nos deixa a 7 puntos do lider, ou líderes, se mañán gaña o Córdoba.

O peor deste Depor, que fixo un bo encontro fora, en contra do que nos tiña acostumado, que o equipo xogou sen bandas, con moito fútbol polo carril central. A banda esquerda con Martinez, estivo tapada, en canto se estivo con 11, pero non creou nin unha soa xogada de ataque. A dereita, si creo, gracias a potencia física de Villares. Non houbo un só centro a área dende as bandas.

O Detalle : 300 deportivistas con entradas dende a Coruña, e víanse varios polo medio dos afeccionados locasi, pero o equipo madrileño, nunha gran falta de respecto, non abreu as taquillas no día de hoxe, privando a máis deportivistas que mercasen entrada no propio estadio, a pesares de haber moitos ocos.

AD Alcorcón: Jesús Ruiz, Víctor García, Castro, Babin, Morillas, Moyano (Juanma, min. 63), Pedro Mosquera, Javi Lara (Ribelles, min. 87), Pablo García (Dalmau, min. 81), Álvaro Bustos (Berto, min. 81) e Chiki (Addai, min. 81).

Depor : Mackay, Diego Villares, Lapeña, Jaime, Martínez, Rubén Díez, Olabe, Isi Gómez (Svensson, min. 62), Quiles (Kuki Zalazar, min. 87), Lucas e Mario Soriano (Edu Sousa, min. 65).

Goles: 1-0 Pablo García (min. 38); 1-1 Lucas (min. 72); 2-1 Berto (min. 86); 3-1 Dalmau, de penalti (min. 90+6).

Árbitro: Martínez Montalbán (c. murciano). Expulsou con vermella directa a Mackay (min. 63). Cartón amarelo a Pedro Mosquera (min. 16), Lucas (min. 45), Javi Lara (min. 53), Chiki (min. 54), Morillas (min. 69), Babin (min. 71), Juanma (min. 90+2) e Svensson (min. 90+3).

Incidencias: partido da 19ª xornada do Grupo 1 de Primera Federación disputado no Estadio de Santo Domingo, en Alcorcón.

 

 

-Foto : RC Deportivo

-Texto : piratasdemuxia.