A COSTA QUEDA SEN REPRESENTACIÓN NAS FASES DE ASCENSO XUVENIL E INFANTIL.

 

Había algunha esperanza de que algún dos nosos representantes nas fases de ascenso a Liga Galega Xuvenil e Infantil pasase o corte dos Cuartos de final, peor non foi así. O ED Os Miúdos, único representante nos xuvenís, recíbía no “Eleuterio Balayo” ao Casino SD Arzúa, tendo que levantar un 3-0 da ida, un resultado complicado pero non imposible nestas categorías, pero o final os da “Terra do queixo” voltaban a gañar e son os que pasan de rolda tralo 3-4 final, nun choque no que foron sempre por diante os arzuanos e que conseguiron empatar o 1-3 da primeira metade os muradáns.

Nos infantís, tal e como vos indicamos na previa, tíñamos dous representantes, O UC Cee que recibía no “San Paio de Refoxos” ao EFM Concello de Boiro, cun 4-1 favorable aos sureños da ida de Cuartos de Final. Todo podía pasar e máis nun campo das dimensións do ceense, ao que eles están máis acostumados, pero non se pasou do empate a uns, (1-1), polo que os ceenses quedaban fora. Mauro canosa adiantaba aos da “Vila da Xunqueira” a volta de vestiarios tralo empate a ceros da primeira metade, (48´) e daba esperanzas de remontar, pero o gol do visiante Marcos a hora de xogo, (65´), xa cortaba ás as os ceenses de cara a levantar a eliminatoria.

O outro representante costeiro era o CF Dumbría, con moitas opcións de pasar trala axustada derrota da ida por 2-1 en Narón ante o Numancia CF. Martín Liñeiro aos 24 minutos de xogo poñía a eliminatoria de cara para os do “Conco”, pero un gol do visitante David 4 minutos despois e outro do seu compañeiro Áxel pasada a media hora de xogo, deixaban tocados aos dumbrieses que recibían a puntilla a volta de vestiarios, cun tanto de Iván, (42´), sen tempo a levar a cabo o plantexamento de remontada. O final 1-4 que lle daba o pase ao Numancia CF.

Deixa un comentario

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso. Pode obter máis información AQUI

ACEPTAR
Aviso de cookies