O Fútbol da Costa vivirá este vindeiro martes 28 de xullo de 2026 unha das reunións máis importantes dos últimos anos. A Real Federación Galega de Fútbol (RFGF) convocou aos 40 clubs da Delegación de A Costa para decidir se o Bergantiños CF regresa ás competicións costeiras cos seus equipos de fútbol base e afeccionado.
A cita celebrarase no Pavillón Municipal de Baio, (19:30 horas en primeira convocatoria é as 20:00 en segunda), e a decisión que saia da reunión será trasladada posteriormente á Asemblea Xeral da RFGF do vindeiro mércores 29 de xullo en Santiago, órgano competente para aprobar definitivamente o cambio. Comezará ca benvenida do presidentepra dar lugar a aprobación, se procede, da inclusión do Bergantiños CF con todos seus equipos e secciós na demarcación de A Costa.
Un regreso que xa foi rexeitado hai un ano
O debate non é novo. O pasado ano, o Bergantiños xa solicitara o regreso á Costa do seu equipo filial, pero naquela ocasión a maioría dos clubs da comarca votaron en contra da súa incorporación.
Agora a situación cambia por completo. O club carballés non solicita unicamente a entrada do filial, senón que a petición afecta a todos os seus equipos das categorías afeccionadas e de fútbol base, polo que o impacto deportivo sería moito maior.
Para nós e para moitos afeccionados da comarca, o Bergantiños nunca deixou de ser un club da Costa pola súa historia e tradición, malia que hai anos decidise trasladar os seus equipos á demarcación da Coruña, onde leva competindo desde entón.
Que equipos entrarían na Costa?
Segundo recolle a documentación remitida pola Federación os clubes, a incorporación afectaría aos seguintes conxuntos:
Bergantiños CF “B” na 3ª Futgal de Afeccionados da Costa.
Bergantiños CF “B” na 1ª Futgal Xuvenil da Costa.
Bergantiños CF “C” na 1ª Futgal Cadete da Costa.
Bergantiños CF “B” na 1ª Futgal Cadete da Costa.
Bergantiños CF “C” na 1ª Futgal Infantil da Costa.
Bergantiños CF “B” na 1ª Futgal Infantil da Costa.
Nalgúns casos, a propia Federación xa contempla que sería necesario dividir as competicións en dous grupos debido ao incremento de participantes.
A Federación explica os motivos
Na convocatoria aos clubes da que tivemos acceso, a RFGF lembra que o Bergantiños, con domicilio social en Carballo, solicitou formalmente abandonar a demarcación da Coruña para competir na da Costa.
A Federación tamén fai referencia ao artigo 99.5 do Regulamento Xeral, que establece que só a Asemblea Xeral da RFGF pode autorizar que un club participe nunha delegación distinta á que lle corresponde polo seu domicilio social.
Ao mesmo tempo, o organismo federativo sinala que existen precedentes de concellos con equipos repartidos entre distintas delegacións e considera oportuno coñecer a opinión dos clubs da Costa antes de elevar a proposta á Asemblea.
Unha decisión que pode cambiar moitas competicións
De aprobarse o regreso do Bergantiños, practicamente todas as categorías da base costeira sufrirían modificacións na súa composición.
Pero tamén é certo que a chegada dunha entidade coa estrutura e o potencial do Bergantiños suporía, a priori, un incremento importante do nivel competitivo, tanto nas ligas infantís, cadetes e xuvenís como no fútbol afeccionado.
Non son poucos os que consideran que a presenza do club carballés enriquecería as competicións da Costa, aumentando o número de partidos atractivos e elevando a esixencia deportiva dos campionatos, amén do que representaría para os rapaces/as xogar nunhas instalacións como as carballesas.
Outros, pola contra, entenden que a decisión debe valorarse tamén desde o punto de vista organizativo e do equilibrio das competicións, así como, todo hai que dicilo, a sua marcha da Costa, o que tomaron coma un desprezo, polo que a votación promete ser moi igualada.
Votación club por club
A reunión incluirá, ademais deste asunto, a aprobación da programación competitiva da Costa para a nova tempada.
No referente ao Bergantiños, a votación realizarase de maneira secreta, introducindo cada representante unha papeleta nunha urna tras ser chamado individualmente. Cada club exercerá un único voto, xa sexa a través do seu presidente ou dunha persoa debidamente autorizada.
Será, sen dúbida, unha tarde de enorme transcendencia para o fútbol costeiro. Os clubs da Costa teñen nas súas mans decidir se o Bergantiños CF, un histórico da comarca que hai anos emprendeu o camiño cara á demarcación da Coruña, volve formar parte das competicións da súa casa deportiva.
Equipos chamados a votar
Sofán SD, Dumbría CF, Xallas FC, San Lorenzo SD, Muxía CF, Castriz SD, Unión Club Cee, Fisterra SD, CD Baio, SCD Malpica, Esteirana SD, UD Corcubión, Camariñas CF, Soneira SD, Coristanco SD, Corme CF, Cabana SD, SD Ponteceso, SD Oza, Porteño CF, Outes FC, Sporting Zas, CD Nantón, Atlético Pereiriña, Inter de Brens, SD Buno, Mazaricos CF, UD Monte Louro, UD Cerqueda, Lira CF, SD Laxe, Volantes de Baño FC, Camelle SD, CD Baiñas, Sporting Seaia CF, CD Muros, EFC Juan Cabrejo, EF Concello Carnota, ED Os Miúdos e CD Concello de Zas.
Programa competicional
Na xuntanza tamén se dará conta do programa competicional da Costa e rematarase cos Rogos e preguntas.
.
AVISO IMPORTANTE
“Nesta época estival tan só iremos poñendo os torneos, renovacións, fichaxes, amistosos, etc, que os clubes, afeccionados, socios, etc nos envíen, tal e como xa vimos facendo nos derradeiros anos. Poden mandarnos a información, fotos, vídeos, etc, o noso Whatsapp : 626 72 00 47 ou polas canles que temos na parte de abaxio da web en calquer noticia ou na portada”.
