Acto de homenaxe a Verónica Albores.
Que a final da Copa da Costa é moito máis ca o, ou os encontros de fútbol xa o sabemos todos e pouco a pouco imos desgranado actos e detalles que tiveron lugar, antes, durante e despois do encontro.
Un deses actos xa vos falábamos dél e foi a homenaxe aos 5 “superviventes” daquela Copa de 1966 na que oCF Muxía lle foi “arrebatada” a ilusión e a copa que gañaron no campo pero que “non lles deixaron”, como nos decían os que quedan daquel equipo que marabillaba na costa.
Desta volta outra homenaxe “in memorium”, que tivo lugar nos prolegómenos do encontro no que saltaban o campo o home e os fillos de Verónica Albores, a que fora nunha transición durante un tempo presidenta do UC Cee e que ata que nos deixou seguía ligada o clube na vicepresidencia e sempre axudando en todo, colaboradora incansable participando en todo o que fixera falla, dándoo todo polo clube ceense.
No acto que se desenrolou no medio do campo estiveron o seu marido José Antonio Ramos e os seus fillos, Jorge e Lara que recibiron de mans do presidente da Real Federación Galega de Fútbol, Pablo Prieto, sendas camisetas da Selección Galega co nome de Verónica e o aplauso dos máis de 2.000 siareiros/as que estaban no “San Paio de Refoxos” un campo no que tantas horas pasou Verónica, que nos deixou prematuramente con tan só 45 anos, e que de seguro que si estivera antre nós estaría a 100 pendente de que todo saira do mellor, como tamén os fixeron os seus compañeiros que montaron unha gran orgañización na que seguro que estivo ela presente dende arriba.
No emotivo acto tamén estiveron ademáis do presidente da RFGF, Pablo Prieto, a federartva Cristina Regueira, a delegada do ente galego na costa, Silvia Cancela, a alcaldesa de Cee, Margarita Lamela, e o novo0 presidente do UC Cee, Jesús Pazos,a sí coma as diretivas Mercedes Ferreiro e Verónica Bonilla, xunto co incombustible “Muchi”.
-Fotos e texto : Xosé Búa “Pirata”
