Na tarde do luns 20 de setembro o equipo feminino do 5 Coruña Futbol Sala que obtivo o ascenso á 2ª División Nacional despois de proclamarse campión galego a tempada pasada, recibiu unha homenaxe por parte da Concellería de Deportes da Coruña.
Mónica Martínez recibiu ao equipo herculino nas instalacións do Palacio dos Deportes de Riazor, nun acto onde puido realizar unha serie de fotos coas protagonistas pero sobre todo coñecer de primeira a historia dun equipo que se gañou con suor o lugar que ocupará esta tempada.
Nun acto moi familiar Mónica Martínez agradeceu todo o esforzo e dedicación por representar tan ben á cidade da Coruña, e puido coñecer de primeira man as impresións das xogadoras e os seus técnicos.
A Concellería obsequiou ás deportistas cunha edición do libro “Irene e as portas do futbol”, que trata sobre Irene a porteira que foi unha precursora que hai case un século desafi ó todo tipo de convencións para primeiro alistarse en equipos masculinos e despois crear o seu propio.
-Texto e Foto : 5 Coruña FS