A COMPETICIÓN COMEZARÁ PARA O DEPORTIVO FEMININO NA SEMANA DO 4-5 DE SETEMBRO.

 

O Deportivo ABANCA comezará a temporada en Reto Iberdrola a fin de semana do 4 e 5 de setembro, segundo confirma a Real Federación Española de Fútbol.

Esta categoría, segunda do fútbol feminino nacional, xogarana 32 equipos que quedarán divididos en dous grupos de 16.

O último partido de 2021 para o Dépor ABANCA será a fin de semana do 11 e 12 de decembro. Tralo parón do Nadal, a competición retomarase o 8 ou 9 de xaneiro de 2022. A liga concluirá a última fin de semana de maio e quedará o mes de xuño para os “Play-Off”.

Restructuración do fútbol feminino

Apunta a Federación Española que de cara á temporada 2022-23 haberá unha nova reestruturación no fútbol feminino: a Primera Iberdrola terá unicamente 14 equipos (non os 16 que hai agora mesmo); e Reto Iberdrola quedará constituída nun só grupo de 16 equipos. Isto leva á creación dunha nova categoría, a Terceira RFEF, constituída por dous grupos de 16 equipos cada un.

-Foto e Texto : RC Deportivo


Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso.

ACEPTAR
Aviso de cookies