Ademais de dar luz verde ás novas datas destes playoff, na sesión abordáronse diversas modificacións regulamentarias
A Comisión Delegada da Real Federación Española de Fútbol, reunida hoxe na “Ciudad de Fútbol de Las Rozas”, aprobou por unanimidade a modificación do calendario dos playoffs da Primeira RFEF.
Tras a modificación aprobada, as eliminatorias para o ascenso, previstas nun inicio para os días 8 e 9 de xuño, adiántanse ao 4 e 5 do mesmo mes.
Doutra banda, na sesión deste luns aprobáronse tamén diversas modificacións e cambios nas normas e bases de competición, entre as que se inclúen a clarificación do cómputo de acumulación de tarxetas amarelas en caso de pasar a fases finais non regulares nalgunhas competicións e categorías.
-Foto e Texto : RFEF