A Comisión de Festas da Barca anuncia a suspensión da programación ante a “falta de respecto institucional”.

 

A Comisión de Festas da Barca anuncia a
suspensión da programación ante a “falta
de respecto institucional” por parte de 5
compoñentes da oposición.
 

O grupo político popular e os concelleiros non adscritos Mónica Vilela e
Manuel Caramés enmendaron a proposta de financiamento para a
festividade presentada polo goberno local.

 Desde a Comisión de Festas queren recalcar que “todos os actos estaban
programados e plantexados en base ao Diario Oficial de Galicia do 25 de
xullo”.

 

 

A Comisión de Festas da Barca anuncia a suspensión da
programación ante a “falta de respecto institucional” acontecida onte no Pleno da
Corporación por parte de 5 concelleiros e concelleiras dos grupos de oposición.

Os principais responsables da organización desta centenaria Romaría xuntáronse
esta tarde para valorar a situación logo dunha falta de “lealdade” por parte do
Partido Popular e os concelleiros non adscritos Manuel Caramés e Mónica Vilela. Os
integrantes da mesma queren recalcar que “todos os actos estaban programados e
plantexados en base ao recollido no Diario Oficial de Galicia do 25 de xullo”, ao que
fixo alusión a concelleira non adscrita Mónica Vilela.

“É a primeira vez na historia por motivos estritamente non sanitarios que non
poderemos conmemorar a Romaría da Virxe da Barca, unha festividade que lle
pertence a todas e todos os muxiáns, e tamén a xente de fóra das nosas
fronteiras”, aportaban.

Os representantes políticos populares e non adscritos protexíanse nunha
argumentación baseada no “meramente sanitario” e proclamando que “é unha
irresponsabilidade organizar actos conmemorativos estando Muxía en nivel alto”.
Cabe destacar que noutros municipios da contorna, estando no mesmo nivel
sanitario, si tiveron lugar celebracións e conmemoracións “similares” ás que se
pretendían estes días na Barca.

A resposta dos representantes da Comisión foi tallante a este respecto: “estamos en
constante comunicación tanto co Concello como cos responsables sanitarios”,
argumentando que “é unha absoluta calumnia designarnos como xente irresponsable. Nós tamén temos familia e somos os primeiros preocupados na
saúde da nosa veciñanza”, quixeron destacar, á vez que sinalaron que “a Barca non
ten color político”.

“O único que queriamos, de igual xeito que o ano pasado, é poder lembrar con
entusiasmo e morriña unha Barca que agardamos, estea máis preto de voltar, máis
este desexo foinos arrincado de súpeto”, subliñan desde a organización, reiterando
as “desculpas” a todo o pobo de Muxía.

 

piratasdemuxia.es non se responsabiliza das verbas vertidas neste artigo, o cal fai extensión do mesmo polo interese de moitos dos usuarios da web que nos preguntan acotío sobre que vai ser da Romaría da Barca, como a van facer, misas, etc…

Correo para aludidos : info@piratasdemuxia.es

-Foto e Texto : Departamento de prensa Concello de Muxía


Attachment

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso.

ACEPTAR
Aviso de cookies