Entrada do Municipal da Arliña.
A cicloxénese explosiva “Herminina” xa deixou refachos de vento de máis de 162 Kms hora, pero o moi goro deste temporal chegará a partires das 16:00 horas cando previsiblemente se superarán estas cifras e ata pasadas ás 19:00 horas, onde o tepo virará de suroeste, (DW) a oeste, (W), o que fará que onde máis afectará aos pobos da costa, canto máis abertos a este cadrante. O mar antre a noite de hoxe e mañán luns superará os 10 metros.
Protección Civil e Bombeiros están a atender centos de incidencias por todo o noso pais polo que é aconsellable non coller o coche e evoiitar sair da casa debido a que poden voar antenas, paneis de edificios, tellas, ramas, etc, así como nas estradas anegamentos ou arbres e calquer cousa que arranque o vento.
Os concellos de Muxía e Malpica xa se puxeron en alerta na tarde-noite do venres e anulaban tódalas actividades deportivas deste Domingo en precaución o que puidera pasar e tratar de evitalo. A RFGF tardou pero o final levouse polo que lle pedía a Secretaría Xeral para o Deporte e primeiro suspendeu por horas para logo totalmente, tal e como vos informamos.
En Muxía o Municipal da Arliña veuse afectado polos fortes refachos de vento a pesares de estar medianamente abigado polo Monte Cachelomo e Punta da Buitra dos ventos do suroeste, (SW), e o muro monumental da entrada do campo víñase abaixo, así como a gran farola da recén contruida rotonda do Parador, a un Km do campo, tamén caidas de arbres en varias estradas do concello, accidentes de saidas de vía…e iso é só o que nós sabemos, pois esto hai que multiplicalo por centos en toda Galicia, que tratándose da nosa terra acostumada aos temporais é algo, digamos, “normal”.
-Fotos : Manel Sanchez/G. Vilán
-Texto : Xosé Búa “Pirata”