A CICLISTA MUXIANA, BARCA TOBA VOLVE A COROARSE RAIÑA DO “GRAN FONDO DO ÉZARO”.

Barca, xa viña de facer unha gran proba en Portugal.

 

A sua intención era a de voltar a repetir o éxito da pasada edición, e vaia se o consigueu. Nen que o percorrido fose máis duro arredor do éxito a brava ciclista muxiana, Barca Toba Suárez, que volveu a pasar como primeira na categoría feminina corta, unha vez máis, para seguir facendo historia para ela, o seu pobo, e para o ciclismo da Costa da morte e de Galicia. O podio feminino completárono a carón de Barca, Julia Rubio, e Mon Constela.

Na carreira corta feminina, Philipe Le Peurien acadou o primeiro posto, por enriba do ex campión da Vuelta a España, Roberto Heras. José Luis López, do mesmo equipo ca Barca Toba, o 2Louriña” pontevedrés, acadou a terceira praza.

No que se refire a carreira longa, o portugués, David Vaz , proclamouse campión por cuarta vez consecutiva, segundo foi, Eduardo Estévez e terceiro, Daniel Ramos.

Un ciclista afeccionado sufreu un infarto no inicio da subida

Un ciclista afeccionado, de 50 anos de idade, sufreu un infarto no inicio das ramplas da subida o Mirador do Ézaro. A rápida resposta dos asistentes sanitarios, que tiñan dous postos no lugar, un deles xusto onde pasou o infortunio, fixo que lle recuperasen as constantes vitais, e foi trasladado en helicóptero ao Juan Canalejo da Coruña, a onde chegou grave.

Desexamos que todo quede nun susto.

-Foto : Helena Días

-Texto : piratasdemuxia