Barca Toba na saida da crono de Baños de Molgas.
A ciclista muxiana Barca Toba, do Club Ciclista Louriña, despideu a tempada cun brilante cuarto posto nos Campionatos Galegos de Contrarreloxo que tiveron lugar o carón do Santuario de Nosa Señora dos Miragres, en Baños de Molgas, (Ourense).
A brava deportista muxiana, que pecha un ano brilante, con antre outros éxitos o primeiro posto nos fondos de Ézaro e Os Ancares e fai unhas semanas un 37º posto na “Volta Ciclista Feminina a Portugal”, manifetsaba nas suas redes sociais o duro e satisfactorio que foi para ela esta tempada que acaba de rematar :
“Pechamos o telón cun CUARTO posto elite no CTO GALLEGO DE CRI. E que dicir desta tempada que se fixo longa pero da cal estou tremendamente satisfeita, xa que non nos deixamos nada e soubemos remontar e aproveitar os diferentes momentos e oportunidades que se nos puxeron por diante e que nos fixeron un pouquiño máis fortes. A tempada que vén tentaremos sempre dar un pouquiño máis e seguir aprendendo e sobretodo gozando disto que tanto gusta. Agora un descanso necesario e máis que merecido para recargar pilas. En breve máis e mellor!!!…Agradecida a tod@ s os que me axudan, acompañan, asesoran e comparten este camiño comigo”.
Unha vez máis a nosa máis cordial nobaoa a esta embaxadora de Muxía e da Costa da Morte, por onde quer que vai e nos diferentes deportes que ten pracicado, todos eles a un nivel extraordianrio.
-Foto : Barca Toba
-Texto : piratasdemuxia