A CICLISTA MUXIANA BARCA TOBA FICHA POLO CLUB CICLISTA FARTO.

 

A mellor deportista muxiana de tódolos tempos, Barca Toba Suárez, que comezou no futsal e fútbol feminino, ao máximo nivel, e que se foi reciclando ao atletismo en diversas modalidades, para logo pasarse o ciclismo cun nivel extraordinario, ven de asinar contrato co clube pontevedrés Club Ciclista Farto, un equipo de élite galego para seguir trunfanfo co máximo nivel como ela acostuma a facer e nun clube que ten parámetros similares aos da deportista muxiana, xa que comezou dende abaixo e de maneira altruista para chegar ata o máximo nivel.

Así a presentaban no clube do sur de Galicia : “Barca é profesora de Educación Física en educación primaria e leva dando clases 10 anos. “Tento inculcar aos meus alumnos os valores do deporte e motivalos desde a miña experiencia a que practiquen actividade física”, afirma a ciclista de Muxía.⠀ ⠀ Dedicou gran parte da súa vida ao fútbol ata que fai sete anos pasouse ao atletismo. Máis adiante probou co dúatlon e terminou no ciclismo, un ” grandísimo descubrimento que quero espremer ao máximo”.⠀ ⠀ Tomou parte en varias cronoescaladas e marchas cicloturistas e leste será o primeiro ano no ciclismo de elite, onde buscará “superarme e tentar aprender todo o que poida” coas cores do Farto”.

O noso maior desexo de que todo lle vaia do milloriño neste novo proxecto a esta grandísima deportista.

 

-Foto : Barca Toba

Texto :  piratasdemuxia.es

 

 

 

++++

Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.

Tamén informar que trocamos de email: admin@piratasdemuxia.es

Contrata a tua publicidade connosco e chegarás cada día a milleiros de persoas.

 


Attachment

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso.

ACEPTAR
Aviso de cookies