A CICLISTA MUXIANA, BARCA TOBA, COMEZOU NO DÍA DE HOXE A SUA PARTICIPACIÓN NA “II VOLTA FEMININA A PORTUGAL”.

Barca, (1ª esq), cas suas compañeiras en Portugal.

 

A ciclista muxiana, Barca Toba Suárez comeza no día de hoxe a sua participación na “II Volta Feminina a Portugal”. Unha carreira que se desenrolará dende hoxe ata o vindeiro Domingo 19 de Xuño.

Barca Toba compite co equipo pontevedrés, Club Ciclista “Louriña”, xunto con un total de 107 corredoras de 17 equipos. Esta é a segunda participación da brava ciclista muxiana a nivel internacional, que chega xunto co seu equipo, sen respiro, despois de competir a pasada fin de semana no Campionato de España celebrado en Valladolid, no que a sua compeñeira Diana Pedrosa, subía o podio, despois dun gran traballo de todo o equipo.

As primeiras pedaladas da cita portuguesa serán dadas en Loures, vila que acolle o prólogo de 2,9 quilómetros, a disputar a partir das 17:00 horas, (hora galega).

A primeira etapa en liña, será mañán venres, antre as localidades de Vila Franca de Xira, e Torres Vedras, cun percorrido de 87,6 quilómetros. 

A terceira etapa terá un percorrido de 78,1 quilómetros, entre Monte Redondo (Leiría) e Ourém. E a derradeira, o vindeiro Domingo, será antre, Aveiro e Anadia, terminando no circuíto que acollerá, en xullo, a proba de fondo do Campionato da Europa, despois de percorridos 104,7 quilómetros.

-Foto : Barca Toba

-Texto : piratasdemuxia