A CEENSE CARLA MARTÍNEZ DO VIAXES AMARELLE FSF CONVOCADA CA SELECCIÓN ESPAÑOLA DE FUTSAL FEMININO SUB 19.

Carla, (esq) ca Selección Galega.

 

Segundo nos informan dende a RFGF a xogadora ceense do Viaxes Amarelle FSF, Carla Martínez  foi convocada coa Selección Española Sub 19 de Fútbol Sala para un dobre encontró amistoso en Portugal. “As boas noticias continúan para a gran familia do Viaxes Amarelle FSF. Unha das perlas da súa canteira, Carla Martínez, acaba de ser convocada pola seleccionadora nacional Sub 19, Clàudia Pons, para disputar un dobre enfrontamento amigable ante Portugal en territorio luso”, dinnos dende a RFGF.

A Selección Española Sub 19 Feminina de Fútbol sala enfrontarase ao combinado do país veciño o martes 11 e o mércores 12 de febreiro. España, coa galega Carla Martínez, concentrarase na localidade portuguesa de Ponta Delgada.

Xogadora capital na Selección Galega

A xogadora do Viaxes Amarelle FSF é unha das fixas na Selección Galega Feminina Sub 16 que dirixe Chipi. Carla vén de xogar durante o pasado mes de decembro a fase previa do Campionato de España que tivo lugar en Betanzos.

Desde a RFGF e dende piratasdemuxia.es queremos felicitar a Carla Martínez e á entidade herculina polo gran traballo que veñen realizando durante os últimos anos.

 

-Foto Carla Martínez : RFGF

-Texto : piratasdemuxia.es/César Méndez

++++

Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.

Tamén informar que trocamos de email: admin@piratasdemuxia.es

Contrata a tua publicidade connosco e chegarás cada día a milleiros de persoas.