Trilli, Noel, Brais Suárez e Dani Barcia preconvocados ca Sub 19
Trilli, Noel, Brais Suárez e Dani Barcia son canteiráns deportivistas que están na antesala da convocatoria do seleccionador nacional sub-19, á espera da citación definitiva dos próximos días.
Os catro adéstranse con asiduidade este verán cos profesionais, que foron os que puideron felicitalos en primeiro lugar, cun cariñoso ‘corredor’ nada máis concluír o adestramento matinal do Dépor en Abegondo.Dani Barcia, Noel e Trilli xa debutaron esta pretemporada en partido amigable ás ordes de Borja Jiménez. Falta só por estrearse a meta Brais Suárez, quen si foi titular co Fabril a pasada temporada.
Mella convocado ca Sub 17
Mella tamén foi chamdo polo convonado nacional, neste caso pola Sub 17 para disputar dous amigables antes Francia, o 18 e 21 de agosto, na localidade gala de Montaigu.
Desta forma, continua o seu ascenso nas categorías inferiores da selección española posto que o pasado mes de maio, o xuvenil branquiazul xa estivo nuns adestramentos coa selección española sub-16 en Marbella; e anteriormente, a comezo de 2020, disputou coa selección española sub-15 tres encontros.
Paula Novo convocada ca Sub 17 Feminina
A futbolista do Deportivo ABANCA B Paula Novo concéntrase mañá venres 13 de agosto coa selección española sub-17 co fin de disputar o Torneo Montaigu en Francia.
A defensa branquiazul, que se adestra diariamente desde o pasado 2 de agosto ás ordes de Kevin Cabado, disputará tres partidos na citada localidade gala de Montaigu, con este calendario:
Luns 16 de agosto
18:00: ESPAÑA – CPB RENNES
Mércores 18 de agosto
18:00: ESPAÑA – NORUEGA
Sábado 21 de agosto
18:00: NORUEGA – ESPAÑA
Paula Novo regresará á Coruña o domingo 22 de agosto para retornar á disciplina do Deportivo ABANCA B.
-Foto : RC Deportivo
-Texto : piratasdemuxia/RC Deportivo