A CAMISETA DO RC DEPORTIVO PARA A 2020/21 REMEMORA A DO PRIMEIRO TÍTULO E CHÁMASE “PEL´ 95”.

 

O RC Deportivo presentou a que será a camiseta para a vindeira tempada e que rememorará o primeiro título de liga a Copa do Rei ante o Valencia no Santiago Bernabeu e para a sua presentación tiru de dous iconos do deportivismo, Manjarín e Alfredo Santaelena, os que fixeron os dous históricos goles. Todo un acerto por parte da diretiva esta elección, tanto na caiseta que se chamará “Pel 95”, coma os dous xogadores que a presentan.

 

 

Coincidindo co 25º Aniversario da consecución do primeiro título da historia do Real Club Deportivo, a Copa do Rei de 1995, o 27 de xuño daquel ano no Santiago Bernabéu de Madrid, presentouse a imaxe da camiseta branquiazul da temporada 2020-2021, bautizada como Pel’95 na parte posterior exterior do pescozo, xunto á silueta da Copa, e baixo a lema común de Espírito’95 na etiqueta interior, elemento idéntico para toda a colección de elásticas da temporada.

Recuperar un deseño que marcou unha época: o ascenso do 91, a promoción do 92, o subacampionato de Liga do 94, o debut europeo e a culminación coa Copa e SúperCopa de 1995, é a homenaxe que desde o Real Club Deportivo quérese realizar a todos os que protagonizaron aquela etapa inesquecible e a todos os deportivistas que gozaron do Súper Dépor en primeira persoa. Tamén é unha forma de contar e lembrar ás novas xeracións de afeccionados branquiazuis o que sucedeu hai un cuarto de século.

A camiseta recupera os detalles máis significativos daquel deseño de principios dos 90: as liñas en forma de T na parte frontal, a dobre liña nas mangas cun espazo branco que naquela época ocupaban os dorsais, e que a próxima temporada estárá ocupado polas marcas de LaLiga e Luckia, o pescozo tipo polo e rematado en pico, ademais da homenaxe textual á efeméride. Tanto debaixo do escudo, coa lenda: “25 aniversario. Campións Copa do Rei 1995” como na cinta elástica interior da parte inferior coas lendas: “CAMPIÓNS 1995 RCDEPORTIVO A CORUÑA 1906”, todas elas separadas pola silueta da copa.

Os pantalóns tamén levarán a clásica liña branca daquel deseño mentres que as medias serán completamente azuis.

Os encargados de lucir por primeira vez a camiseta, que estará dispoñible nas DéporTiendas ao comezo da Temporada 2020-2021, son Alfredo Santaelena e Javier Manjarín, protagonistas cos seus goles da inesquecible final do 24 e 27 de xuño de 1995, marcada polo seu acerto e polo chuvieiro que obrigou a suspender a final e pospor o feliz desenlace final tres días. 25 anos despois de novo tocoulles mollarse de novo para recuperar o Espírito do 95.

 

-Foto e Texto :  RC Deportivo/piratasdemuxia.es

 

 

 

++++

Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.

Tamén informar que trocamos de email: admin@piratasdemuxia.es

Contrata a tua publicidade connosco e chegarás cada día a milleiros de persoas.