A pasada semana entrevistábamos a Diana Sánchez, (Camelle 22/02/2007), xogadora da Costa da Morte que está a trunfar no fútbol feminino suizo e que xoga no FFV Basel da cidade de Basilea. Esta semana sumaron a 9ª vitoria consecutiva e foi gracias un gol dela, un gol que pode valer un ascenso.
O seu equipo, o terceiro do clube suizo, precisaba dunha vitoria para poder ascender e ainda que o golaveraxe o tiña perdido co equipo campión as probabilidades cunha vitoria eran moi altas, xa que o equipo Sub 21 do Basel acadaba o ascenso a 2ª Nacional, (equipo o que pasa ela na vindeira tempada).
Diana celebrando o gol da vitoria.
Non fallou o Basel e tampouco Diana, xa que derrotaban por 1-0 ao FC Frenkendorf cun tanto da camellana aos 84 minutos de xogo. O ascenso ainda pode chegar pois todo apunta a que un dos equipos ascendidos un non continuará a vindeira tempada e o seu equipo poderá subir a 3ª, do que está fora por golaveraxe.
PREMENDO AQUÍ, podes ver a entrevista que lle fixemos días atrás.
-Foto : Diana Sánchez
-Texto : Xosé Búa “Pirata”
