A BORRASCA “FABIEN” CEBOUSE CO CAMPO DA SD CAMELLE.

 

A forte borrasca “Fabien” cebouse co “Rodeiro” campo da SD Camelle, equipo da 3ª da Costa. Se xa o campo camellán un dos tres que quedan de céspede natural na Costa da Morte sufre coas chuvias e convértese nun barrizal, e que foi suspendido o encontro que tiña que xogar hoxe co UD Corcubión, encontro que foi suspendido pola alerta vermella por parte da RFGF, foi azotado polo forte vento con refachos de máis de 130 Kms/h e veu como a cuberta da grada desaparecía.

O clube camellán un dos máis autóctonos da costa e do fútbol afeccionado galego, que hoxe celebra a sua “Cea do Nadal”, veu impertérrito os desperfectos do seu campo, un recinto ao que acuden cada xornada decenas de afeccionados e o cal recibe axudas mínimas, (por non decir ningunha).

 

 

 

-Foto : Aluminios Camelle

-Texto : Xosé Búa “Pirata”/ piratasdemuxia.es

++++

Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.

Tamén informar que trocamos de email: admin@piratasdemuxia.es

Contrata a tua publicidade connosco e chegarás cada día a milleiros de persoas