A BAIXA FORMA DALGÚNS XOGADORES E A FALLA DUN TIMONEL ESCURECEN O INICIO DO DEPOR.

Álex está a levar o peso dende atrás nos encontros.

 

Onte no “Vero Boquete” o Depor volveu a amosar os problemas do primeiro encontro de liga, motivados pola baixa forma de homes coma Miku, Celso Borges ou Uche Agbo, e a indiscutible falla dun timonel, un orgañizador de xogo que de fluidez ao xogo de ataque, cousa que Nacho González, home máis de banda, no está a conseguir.

Os de Fernando Vázquez buscaron que o Compostela quixese ter o balón, como lle auguraban os que coñecían a maneira de xogar dos “picholeiros”, pero estes plantexaron un encontro repregado e con boa colocación, o que lles bastou para tapar os intentos de ataque deportivistas. En ataque foron inexistentes os locais que non dispararon nen unha soa vez antre os 3 paus.

O equipo deportivista con Álex Bergantiños dando saida o xogo dende atrás, non chegaba con claridade máis alá dos tres cuartos de campo, e erraba numerosos pases, ou non se ofrecía ninguén en apoio o compañeiro o que producía a perda do balón. Tan só Keko Gontán, que vai sobrado nesta categoría, por medio de indivualidades consegueu chegar a liña de fondo e centrar con criterio. Nun destes derbordes deulle un centro de gol a Jose Lara pero este chegando dende atras mandou o balón as nubes, con todo para perforar a porta santiaguesa. Noutro deles Celso Borges marcaba en fora de xogo posicional tralo rexeite do meta contrario a disparo do madrileño.

O Depor nen tivo o balón en gran parte do encontro, nen foi quen de roubar en campo contrario, especialidades que lle coñecemos tanto a Borges como a Uche, pero ambos, que chegaron no treito final da pretempada e de estar parados, amosan baixa forma.

Temos que destacar o traballo defensivo, xa que antre os dous encontros o equipo só recibeu 2 tiros a porta, uha falta lanzada polo Salamanca a pasada semana e o gol no rexeite de Carlos Abad, ese mesmo día.

Mala imaxe por tanto neste incio de campionato, que non perdoa e no que todo que non sexa sumar de 3 é un fracaso. Agora o vindeiro Domingo toca visitar ao Unionistas de Salamanca, equipo que xoga en campo de céspede artificial, un lemento ao que non están acostumados os xogadores deportivistas, o que será un factor máis a ter en conta, ademáis dos desaxustes que está a amosar o equipo neste inicio de liga.

-Foto : RC Deportivo

-Texto : piratasdemuxia