A AVALANCHA DE CONTAXIOS AUGURA UNHA VOLTA DO FÚTBOL MOI COMPLICADA.

Nos deportes colectivos hai máis contactos que a simple mascarilla.

 

Cada día que pasa a avalancha de contaxiados con COVID-19 multiplícase e de todo isto os deportes colectivos non se salvan. A tenor do que xa pasou na derradeira xornada con moitos contaxiados e moitos encontros suspendidos nas diferentes competicións, todo apunta a que a volta no 2022 vai a ser moi complicada, así que se convoque aos deportistas e cheguen os avisos de persoas confinadas por enfermidade, ou por contacto direto.

Basta ver exemplos coma o do Rayo Vallecano, que a pesares de ser fútbol profesional, no que se presume de maior control, solicitou hoxe mesmo o aprazamento do seu encontro de inicio de ano ante o Atláteico de Madrid, o contar a día de hoxe, con 17 contaxiados, e que con toda probabilidade seguirá subindo o número. O seu presidente xa dixo que : “Xogar sería adulterar a liga”. Pouca memoria teñen todos estes que fai un ano e pico miraron para outro lado e calaron, sirvíndolle pleitesía a Tebas. Nestes intres na Primeira División xa suman máis de 100. 

No Depor chegaron a volta o traballo o pasado luns, 4 contaxiados, e podería crecer o número, e non digamos o que podería pasar no fútbol, ou futsal afeccionado e de base, (e balonman, basket…), tendo en conta que son deportes de contacto, e sen control. A trasmisión pode ser numerosa, habida conta da facilidade de infección que se lle presume dende as autoridades sanitarias, e os virólogos, a variante Ómicron.

Esperemos que todo volte pronto o seu cauce e pase rápido e volte esa ansiada “normalidade” da que tanto presumen os políticos e que se alonxa cada día dende fai preto de 2 anos.

-Foto : Tele Madrid

-Texto : piratasdemuxia