A AUDIENCIA PROVINCIAL DALLE UNHA PATADA NA ENTREPERNA A TEBAS NO “CASO BERGANTIÑOS”.

 

Hai cousas que non se poden titular doutra maneira, e se os comentarios dos afeccionados referíanse a nova denuncia de La Liga contra Álex Bergantiños, como que : “Tebas xa anda de novo a tocalos…”, (e cousas parecidas), polo audio no que o capitán deportivista falaba en ton xocoso sobre o “paripé” do encontro ante o Fuenlabrada do final da liga. Agora non podemos máis ca decir que coa desestimación e arquivo do caso a Audiencia Provincial a través do Xulgado de Instrucción Nº3 : “Deulle unha patada en toda a entreperna a Tebas e a sua camarilla de colaboradores no eido de querer manchar o nome de Álex Bergantiños, con burdas acusacións, sendo eles mesmos os que tiñan que estar na cadea por tódalas neglixencias, favores e malversacións feitas”.

Os maxistrados sosteñen que : “visto o discorrer dos acontecementos, non se antoxa algo dialécticamente esaxerado ou fóra de lugar”, sobre as verbas de Bergantiños no audio e apuntan claramente a maneira de actuar dos acusantes que é :  “Correcto pechar o paso ao intento de converter a xurisdición, (e o proceso penal), en algo que non é, en caprichoso vehículo de inxerencia socialmente innecesaria na esfera de liberdades dunha persoa”, e entenden que os reproches xudiciais correctos : “Respecto a pretensión dunha especie de investigación prospectiva ou inquisitorial”, reprendendo diretamente a La Liga, que é a denunciante.

Tamén recordan que hai aberto una auto dende o pasado mes de Marzal pola detención de Bergantiños en plena rúa cando estaba nun parque ca sua familia, pola : “detención ilegal aos dous policías que arrestaron ao capitán do Deportivo o pasado mes de Agosto”.

-Foto : RC Deportivo

-Texto : piratasdemuxia


Attachment

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso.

ACEPTAR
Aviso de cookies