A atleta muxiana Barca Toba segue nun estado de forma pletórico e onte no “V Trail Encontro Monte Pindo”, que orgañiza a Asociación Cultural Deportiva e Recreativa “Pedramar” de Carnota, acadaba a vitoria no trail curto senior e a terceira praza no absoluto, na sua categoría, cun tempo de 1 hora 28´. Esta é a segunda vez que participa a atleta muxiana na competición do Pindo, e a segunda vez que compite nista carreira, o ano pasado quedaba terceira, i é a segunda vez que compite nista modalidade deportiva.
A principios deste mes de Xullo a corredora muxiana collía por primeira vez a bicicleta para competir e facíao no “Gran Fondo do Ézaro”, o cal gañaba na modalidade de 80 Kms. Un feito máis do excelente estado de forma de Barca Toba que segue a probar novas modalidades deportivas e destacando de maneira sobresainte en todas elas.
RESULTADOS
Barca Toba foi primeira en mulleres no Trail Curto Senior
e 3ª no absoluto con un tempo de 1 hora 28´38¨
TRAIL CURTO
1º Rubén Martínez, (Club Atletismo Negreira) : 1 hora 06´15¨
2º Manuel Pais, (Traileros Toxos & Birras) : 1 h 06´35¨
3º Kiko Lago, (Asociación Deportiva Olimpia) : 01 h 10´38
TRAIL CURTO PARELLAS
1º Juan José Castro e Víctor Maneiro, (Tribu Trail) : 1 horas 12´22¨
2º Pablo Baña e Chema Quintian, (CDM Vértice) : 1 h 17´43¨
3º Jaime Árias e Julio García, (Chelis Running Tim) : 1 h 20´20¨
XERAL TRAIL LONGO
1º Roberto Tuñas, (Atletismo Negreira) : 2 horas 50´31¨
2º Iván Redondo, (AD Jarnachas) : 2 horas 53´27¨
3º Ramón Picos, (Tribu Trail) : 2 h 54´43¨
++++
Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un mobil polas sua dimensións de pantalla.
Tamén informar que trocamos de email : admin@piratasdemuxia.es