A ASOCIACIÓN DEPORTIVA “VIDÚ” CANCELA TÓDOLOS SEUS EVENTOS DEPORTIVOS :

Debido a difícil situación que está a vivir a sociedade a nivel mundial polo Coronavirus COVID19, dende a nosa entidade decidimos tomar a determinación de cancelar todos os eventos deportivos que tiñamos previsto organizar durante a primavera e o verán deste 2020.

Logo de que haxa unhas semanas, dende a Asociación Deportiva Vidú se anunciase que este ano xa non íamos formar parte da organización do Torneo de fútbol base Concello de Malpica, agora a directiva da nosa entidade anuncia a cancelación dos eventos que tiñamos previstos para esta tempada 2019-2020 como era a cuarta edición da Vidú Cup, o terceiro Torneo de fútbol base Vila do Roncudo e a cuarta Vidú Beach Soccer Cup.

Esta decisión é debida a que a aparición do Coronavirus COVID19 non permite garantir a saúde de todas as persoas que forman parte destes eventos, ben sexan como participantes, como afeccionados ou como organizadores, polo que dende a nosa entidade chegamos á determinación de que o mellor que podiamos facer era a cancelación de todos os torneos que íamos a poñer en marcha.

Dende a Asociación Deportiva Vidú queremos confirmarvos a todos que, unha vez que pase esta pandemia, a cal temos que vencer entre todos; volveremos a poñernos mans á obra para poder organizar de novo estes eventos de cara a vindeiras tempadas.

#QUEDANACASA

 

 

-Foto anagrama : Asociación Vidú

-Foto e Texto : piratasdemuxia.es

++++

Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.

Tamén informar que trocamos de email: admin@piratasdemuxia.es

Contrata a tua publicidade connosco e chegarás cada día a milleiros de persoas.