A Asociación de Fútbol Afeccionado da Costa, (ASFACOS), orgañiza unha Charla Formativa en Santa Comba sobre riscos e obrigas das directivas dos clubs.

Charla formativa para directivos e membros de clubs da Costa

A Asociación de Fútbol Afeccionado da Costa (ASFACOS) organiza unha nova actividade formativa dirixida ás directivas e responsables dos clubs da costa co obxectivo de aclarar dúbidas e mellorar o coñecemento sobre as responsabilidades e obrigas que implica a xestión dun club deportivo.

Baixo o título “Responsabilidades e riscos dos directivos”, esta charla forma parte do Ciclo Obrigas dos Clubs, unha iniciativa pensada para achegar información práctica e útil ás persoas que forman parte das directivas das entidades deportivas.

A sesión contará con dous relatorios especializados:

  • Seguros e cobertura de riscos, a cargo de J. Ricardo Serrano, da correduría de seguros Suevia, quen explicará os diferentes tipos de seguros recomendables para os clubs e as responsabilidades que poden asumir os directivos.

  • Obrigas legais dos clubs, impartida polo avogado Marcos Gende, que abordará aspectos xurídicos clave na xestión das entidades deportivas, así como as responsabilidades legais das directivas.

A charla celebrarase o vindeiro luns 9 de marzo de 2026 ás 20:00 horas no Edificio Multiusos de Santa Comba.

Desde ASFACOS anímase a todas as asociacións e clubs da Costa a participar nesta xornada formativa, que pretende ser un espazo de aprendizaxe e tamén de intercambio de experiencias entre directivos do fútbol afeccionado.

A actividade conta coa colaboración de Suevia (Xestión de Riscos e Seguros), do Concello de Santa Comba e do despacho profesional Marcos Gende.

A participación é especialmente recomendable para membros de directivas, coordinadores e persoas implicadas na xestión dos clubs, xa que permitirá coñecer mellor as responsabilidades que asumen e as ferramentas existentes para exercer esa función con maior seguridade.

Para ASFACOS, a formación e a información son fundamentais para fortalecer o fútbol afeccionado da Costa e apoiar o traballo diario dos clubs.

.

-Foto : Prensa ASFACOS

-Texto : Xosé Búa “Pirata”