Foto de familia da asemblea pre-COVID 19.
A Federación de Peñas do RC Deportivo anúncianos que a Asamblea de Fin de Tempada terá lugar o 19 de Xuño a partires das 12:00 horas, nun lugar aínda por determinar que notificarán as peñas.
A orde do día de dita Asamblea, será o seguinte:
- Aprobación, se procede, da acta da asamblea anterior.
- Convocatoria de eleccións.
- Constitución da Xunta Electoral.
- Estado de contas, e aprobación, se procede, das mesmas. Examinar e aprobar as contas e balances do exercicio anterior.
- Examinar e aprobar a memoria de actividades.
- Establecemento de suba de cotas anuais, que pasarán de 20 € a 40 € (recuperando a normalidade e contía que tiña antes da pandemia).
- Carnets de peñistas, costo que supoñen e se este ano, compensa facelos.
- Rogos e preguntas.
No caso de que algunha peña desexe delegar o voto, terá que sen enviado a Federación en forma e tempo suficiente. As delegacións de voto recolleranse ata o día 15 de Xuño ás 14:00 horas. Todas elas cubrindo o documento quye facilita a propia Federación de Peñas.
Trala asamblea, como acostuman a facer dende o ente federativo deportivista, haberá uns destendidos pinchos para a despedida da mesma e o troco de impresión antre os asistentes.
-Foto : DXT Campeón
Texto : Federación de Peñas/piratasdemuxia