Xa volo contábamos onte nada máis acabar o encontro das semifinais da “LXI Copa da Costa” que enfrontaba ao CF Muxía da Primeira Galicia e ao SD Sofán que é un dos nosos representantes da costa na Preferente Norte e na loita por entrar na promoción a 3ª RFEF. O choque rematou ca vitoria dos da Vila da Barca por 2-1.
O Municipal da Arliña gozou dunha excelente entrada, antre 800 e 1000 espectadores, cunha magnífica orgañización do CF Muxía, nun choque moi entretido e con alternativas foron os afeccionados do equipo muxián os que sairon máis contentos co pase a finalísima do 24 de Maio que se disputará no Irmandiños de Vimianzo e que terá como rival ao SCD Malpica que tras empatar co CF Porteño a ceros levábase o pase a final nos penaltis, (6-5), nunha “Pedra Queimada” que tamén gozou dun ambente similar ao da Arliña nunha tarde solleira de Domingo de Resurrección.
Os muxiáns repiten final por segundo ano consecutivo, na anterior perdían na tanda de penaltis co CF Dumbría tras empatar a uns, (1-1) no tempo de xogo e prórroga no San Paio de Refoxos, (Xallas-Cee). Pola sua banda os malpicáns voltan a unha final tras 13 anos cando perderan co Xallas de Santa Comba por 3-0 no “Platas Reinoso”.
.
-Fotos, vídeo e texto : Xosé Búa “Pirata”



