A ARLIÑA E A GRIXA DECIDIRAN QUEN XOGA A FINAL POLO ASCENSO A 1ª GALICIA G2.


 

Non houbo ningún resultado definitivo na ida das semifinais da promoción de ascenso a 1ª Galicia G2 A Costa/Santigo, polo tanto todo queda para decidir o vindeiro Domingo no campo A Arliña, (Muxía), e no da Grixa, (Ponte do Porto). Antes Muxía e Porteño dirimirán quen pasa a final da Copa da Costa nun choque no campo dos porteños o vindeiro venres a partires das 21:00 horas.

 

CF Mazaricos 1-0 CF Porteño

Día : 19/05/2024

Hora : 12:00

Campo : A Peña d´ouro, (Pino do Val)

Árbitro : Óscar Martínez Santos

Árbitros asistentes : Adrián Ponte e Alexandre García

Viña o Porteño dun encontro moi disputado na Copa ante o Muxía o pasado venres, con moi poucas horas de descanso e varias baixas, pero aguantou a intensidade do Mazaricos que se poñía por diante aos 50 minutos de xogo cun tanto de Adrián Cives. Un gol que é curta bagaxe para visitar o vindeiro Domingo o campo da Grixa, pero que da certa ventaxe aos mazariquenses.

 

Outes FC 1-1 CF Muxía

Día : 19/05/2024

Hora : 17:00

Campo : O Conchido, (Outes)

Árbitro : Alejandro Tato Gómez

Árbitros asistentes : David Castreje e Chrístian Sendón

O igual co Porteño o Muxía chegaba tras disputar o pasado venres unha semifinal da Copa da Costa moi física, pero aguantaron a un Outes que ven de facer un gran campionato e que se adiantaba aos 58 minutos de xogo cun gol de Iván Lago. Non decaeu o equipo muxián e conseguía empatar 9 minutos despois por medio de Iago Muiño, deixando os deberes para o encontro de volta na Arliña.

 

 

 

 

-Foto e texto : Xosé Búa “Pirata”

 

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso. Pode obter máis información AQUI

ACEPTAR
Aviso de cookies