A ARBITRAXE DO CÓRDOBA-DEPOR : “MEXAN POR ENRIBA DE NÓS E DECIMOS QUE CHOVE”.

Quiles saeu conmocionado e con visión borrosa.

 

Son moitísimas as críticas a arbitraxe sufrida polo Depor no seu choque co Córdoba. Afeccionados, prensa galega e estatal, e do clube só un twitt de Emma Lustres, no que tildaba de “salvaxada” a patada na cara a Alberto Quiles, ao que lle fixo, Jiménez unha rotura dobre dos osos do pómulo e a espera de resultados, pois ainda ten máis danos, e poderíamos quedar sen él para os 4 encontros que quedan de liga, e con posibilidades de que ainda non estivese para un máis ca probable Play-Off. Unha baixa máis ca sensible, cando estamos a falar do máximo goleador do campionato e que estaba nun intre doce.

A arbitraxe do valenciano Fernández Vidal foi nefasta, por analizala un pouco, invéntase unha falta de Antoñito, cando un xogador do Córdoba colle o balón ca man, permiteu numerosas faltas sen sancionalas, antre elas unha patada na cara, antes da desgraciada xogada o propio Quiles. No gol do equipo cordobés, hai dous xogadores en fora de xogo no intre do lanzamento, Mackay sufre unha falta e o gol, segundo os da prensa é ca man por medio de De las Cuevas. Logo para rizar o rizo, e con 1-1 e faltando media hora chega a xogada na que Quiles é agredido, patada na cara, cando adiantaba de testa o balón para irse por patas de cara a portería sen ningún rival por diante. Tal e como dí o xornalista Luis de la Cruz do xornal As : “Só se pode sacar 3 cartóns, vermello, vermello ou vermello”.

Nesta liga foi moi doado expulsar a algún xogador deportivista, ata en 6 ocasións xogamos con un menos, pero vista a arbitraxe da semana pasada, que ten que pasar para que sexa expulsado un rival noso, cando o regulamento diga as craras o proceder?. Mexan por enriba de nós e decimos que chove, como dí o refrán da sorna galega. Non gusta nada na afección que o clube non fixera publicamente unha denuncia o pasado en Córdoba, pois foron 2 puntos que se perderon, nun choque unha vez malo dos deportivistas fora da casa, pero que puido trocar de quedar os cordobeses cun home menos e durante máis de media hora.

O noso descontento e a nosa maior repulsa o trato recibido, e así mesmo o silencio por parte dos que mandan no clube. E o noso desexo de que a lesión de Alberto Quiles sexa moito menos do que se fala e se recupere ben e satisfactoriamente.

Excelente artigo no As, de Luis de la Cruz sobre todo o acontecido o Domingo en Córdoba, a indefensión por parte dos responsables do clube, e o sentir da afección. PREME AQUÍ

 

-Foto : RC Deportivo

-Texto : Xosé Búa “Pirata”

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso. Pode obter máis información AQUI

ACEPTAR
Aviso de cookies